Posúe máis de medio milleiro de followers nesta coñecida rede social
José López Orozco, alcalde de Lugo e candidato do PSdG-PSOE, e que conta cunha incesante actividade nas redes sociais, xa conta con máis de 500 seguidores en Twitter. Unha plataforma dixital que emprega habitualmente para comentar aspectos relacionados coa súa vida persoal, profesional e política, á vez que se comunica e interacciona con outros usuarios.
López Orozco actualiza o seu estado en Twitter a diario e dende distintos dispositivos como o seu propio iPhone ou iPad aproveito calquera momento para comentar a axenda do día, como reunións ou actividades ás que asisto e compartir algunha fotografía cos meus contactos. Este ano os Reis trouxéronme un iPad e a verdade é que estou gratamente sorprendido dos avances tecnolóxicos que vivimos.
Desta maneira é como en pouco tempo conseguiu situarse como o alcalde e candidato galego máis seguido en Twitter, con 507 seguidores, superando a outros alcaldes, candidatos e políticos galegos como Jaime Castiñeira (63 seguidores), Javier Losada (146 seguidores), Carlos Negreira (206 seguidores), Corina Porro (316 seguidores) ou Abel Caballero (173 seguidores).
Coa súa presencia e actividade nesta rede social, López Orozco confirma a súa aposta pola innovación e o acceso ás novas tecnoloxías como posibilidades de comunicación e coñecemento cos veciños e veciñas. A presencia dixital tamén se completa cun videoblog, que mantén dende hai cinco anos e que hai uns días modernizou, e a participación noutras redes sociais como Facebook, Flickr ou YouTube das que o alcalde de Lugo admite estar aprendendo moito e nas que a diario contesta e resolve as dúbidas e suxerencias plantexadas polos veciños.
A plataforma Twitter
Entre os servicios máis revolucionarios e exitosos deste novo escenario, destaca Twitter, unha plataforma de microblogging que permite enviar mensaxes de texto cortos e conversar cos outros usuarios e usuarias a través de navegadores web. Trátase dunha ferramenta idónea para informarnos do que pasa en cada momento, para divulgar información e para retransmitir eventos, pero tamén é unha ferramenta perfecta para dialogar e colaborar. Non podemos esquecernos de que en Twitter atópanse os usuarios máis influíntes da Rede.