Desta maneira declara publicamente o seu amor pola cidade de Lugo no día dos namorados
Comeza así o movemento no que o alcalde e candidato do PSdeG-PSOE de Lugo manifesta que está Loco por Lugo
O aprecio e dedicación que López Orozco ten pola cidade de Lugo non é descoñecido para ninguén. Por este motivo e, aproveitando, que hoxe é o día dos namorados iniciase unha campaña na que o alcalde e candidato do PSdG-PSOE de Lugo, manifesta publicamente o amor que ten pola cidade que goberna e anuncia que está loco por Lugo.
López Orozco declara mediante unha verdadeira carta de amor que comeza cun Amor meu, como é o sentimento que ten cara a súa cidade é un amor loco como son todos os amores de verdade. Os que importan. Os que cambian a vida da xente.
Eu, Lugo querido, necesito dicir que TE QUERO.
E como bo namorado quérea por todo Quérote polo norte, sur, leste e oeste. Quérote. Quérote. Quérote cando te vexo ao lonxe, cando paseo polas túas rúas e parroquias.
Quérote nova e bimilenaria, de día e de noite, tranquila e activa, traballadora e estudosa. Quérote cando me dín que es á mellor e tamén cando me din que non es perfecta.
E por iso, vivo cun sorriso cada momento, cada minuto que pensó en ti, cada hora que traballo por ti, cada encontro cos veciños. Cada vez que me reúno con alguén que ten un proxecto que te fai feliz, eu son feliz. ¿Qué é o amor senón compartir con quen amas o bo e o malo?
López Orozco proclama aos catro ventos que con Lugo ten moitos proxectos de futuro, para facela unha cidade o máis perfecta posible e para estar unido sempre a ela ademais, sinto que este amor vai medrando, cada día esperto coa ilusión de facer cousas novas xuntos. Proxectos que te farán unha cidade mellor para vivir e que fará máis feliz á xente que vive contigo.
O namorado promételle á namorada que vai traballar polo seu amor sen mentiras: non che vou dicir que son o mellor amor, o mellor amigo. Es ti quen debe decidilo. Só podo asegurarche que te amo con locura, que che prometo esforzó diario, constancia, entrega e quererte. QUERERTE con maiúsculas, cada día un pouco máis se é que iso é posible.
Mediante esta carta José López Orozco comeza unha precampaña que emprega o slogan Loco por Lugo como carta de presentación, un movemento de amor á cidade, a unha cidade da que sempre se manifestou namorado.
¿Porque pode ser unha campaña unha declaración de amor? No caso do candidato socialista, pode selo, sen dúbida, polo o amor que profesa a súa cidade e a súa xente e que estivo presente ao longo de todos estos anos de goberno. Con esta declaración que se pode ver tamén no seu videoblog: www.jlorozco.com, comeza unha actividade positiva, de traballo por e para a cidade, de entrega sinceira a un proxecto que é o de continuar liderando o cambio e modernización que vive Lugo.
Loco por Lugo nace coa intención de convertirse nun movemento de amor á cidade, e López Orozco declárase abertamente Loco por Lugo e a súa xente, loco de amor, que é o amor máis profundo e intenso que se pode sentir por algo ou alguén, ese amor entregado, sen condicións, sen intereses, o amor de verdade.