O formspring permite que calquera persoa poida realizar preguntas de forma sencilla, transparente, aberta e participativa.
Estrea unha aplicación de Facebook denominada o locurómetro para coñecer cal é o grado de amor dos lucenses pola cidade
Estamos ante un López Orozco que conta coa campaña máis activa da rede
dixital de consultas cidadás dende o que calquera persoa poderá realizar unha pregunta ao rexedor lucense. A través da dirección http://formspring.me/joselopezorozco, continúa facendo un uso intensivo das redes sociais e as novas tecnoloxías para comunicarse cos lucenses e atender as súas principais preguntas e suxestións.
Esta nova ferramenta dixital súmase a todas iniciativas que López Orozco xa ten na rede como o coñecido videoblog e a súa activa presenza nas plataformas como Facebook ou Twitter, nos que xa conta con miles de seguidores.
A ferramenta empregada para esta nova andaina é Formspring, un servizo pioneiro na rede que da un paso máis nos modelos de encontros dixitais cos internautas, e permite conversar con eles dunha forma moi sinxela, transparente, aberta e participativa. Outra gran vantaxe é a súa perfecta integración con outras redes sociais, de forma que os usuarios que queiran empregar este canal, poderanse identificar a través dos seus perfís en Facebook, Twitter ou incluso de forma anónima.
Tan só transcorreron unhas horas dende a súa posta en marcha e xa hai un diversas preguntas que López Orozco promete ir contestando coa máxima inmediatez posible, pero tamén co rigor e detalle que requiren. Todo co ánimo de profundizar na participación e comunicación cidadá, así como outros aspectos indispensables nunha administración moderna e tecnoloxicamente adaptada aos novos tempos.
A dirección do canal de consultas cidadanas de José López Orozco na rede é:
http://formspring.me/joselopezorozco sendo tamén accesible a través do seu blog.
Locurómetro de Lugo
Seguindo coa posta en marcha de novas accións na rede, López Orozco, creou a aplicación de Facebook denominada locurómetro. Esta iniciativa é unha enquisa, difundida a través desta coñecida rede social, para coñecer o grado de amor que os internautas teñen por Lugo. Trátase dunha proposta que reúne dúas das premisas de López Orozco, o positivismo e a participación.
A través dunha serie de preguntas os internautas poderan valorar e coñecer cal é o grado de amor que teñen pola cidade ademais de poder aportar novas ideas para mellorala. Con esta acción quere conseguir que todos os lucenses se sintan orgullosos da cidade e presuman delo.
Os usuarios de Facebook deberán aceptar esta aplicación para poder facer a enquisa e, unha vez finalizada, publicarase unha valoración dos resultados que nos mostraran o grado de amor que teñen pola cidade.