O candidato socialista, José López Orozco, fai pública a súa declaración de bens e intereses na que descubre cal é o seu patrimonio.
Todas as propiedades son compartidas coa súa familia e ten dúas contas familiares dende hai máis de 30 anos e que abriu co soldo de profesor de secundaria. En canto a vehículos se refire segue cun Rover 620 que cumpliu os 17 anos. Da mesma maneira pon de manifesto que non ten actividades privadas.
Patrimonio Inmobiliario
Vivenda habitual en Lugo e dúas plazas de garaxe. (Correspóndelle o 50%)
Apartamento na provincia de Pontevedra e dúas prazas de garaxe. (Correspóndelle o 50%.)
1/3 de apartamento en Lugo correspondente a unha herencia materna.
Depósito en contas correntes, de aforro, á vista ou a plazo
1 Conta de aforro familiar aberta dende 1981 con 89.065 euros. (Correspóndelle un tercio)
1 Conta de aforro familiar aberta en 1971 con 7.681 euros (Correspóndelle un tercio).
Vehículos
1 coche Rover 620 SI, do ano 1993 e con 105 cabalos