No encontro, que tivo lugar en Benade, a Alcaldesa achegou as diferentes propostas do Partido Socialista “que devolverá aos cidadáns os dereitos perdidos ”, a partir do 20 de decembro
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este martes un encontro coa veciñanza do rural na parroquia de Benade, onde lles transmitiu algunhas das prioridades do programa electoral do PSOE “que devolverá aos cidadáns os dereitos perdidos ”, a partir do 20 de decembro.
No encontro, Méndez pediu o apoio dos veciños e veciñas para os socialistas, “pois o noso programa inclúe medidas sociais, educativas, laborais e de igualdade, capaces de mellorar a vida dos cidadáns, dos veciños e veciñas de Lugo, tanto os da cidade como os do rural, prioridade ademais para o Goberno que eu dirixo, porque representades o 80% do territorio do municipio”.
Neste senso, Méndez sinalou que “estou aquí facendo o que o PSOE sabe facer, estar na rúa, ao pé dos veciños e veciñas, para transmitirvos a nosa vondade, traballar para que as desigualdades desaparezcan” ao tempo que animou á veciñanza a coñecer as propostas socialistas, “que lograrán o progreso que precisa o territorio”.
A líder dos socialistas, quen abordou diferentes temas relacionados co medio rural como poden ser o sector lácteo ou o problema demográfico, reivindicou “vivir no rual e do rural”.
Lara Méndez continuará coa visita ás parroquias lucenses durante a campaña electoral, reuníndose cos veciños e veciñas e cos colectivos do rural para transladar o programa electoral do PSOE. A próxima xuntanza terá lugar mañá mércores, 9 de decembro, ás 21:00 horas no local social das Regas.