Lara Méndez anuncia que Pedro Sánchez estará en Lugo o sábado, 27, para poñer en valor as propostas de Besteiro para Galicia
– O presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, acompañará ao candidato galego nun acto que se celebrará ás 11.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Veterinaria
– A candidata por Lugo destaca a oportunidade que se abre para Galicia dun goberno liderado por un socialismo galeguista útil, “con capacidade de avanzar da man dos seus sectores e da súa xente e con capacidade contrastada de xestión”.
Lara Méndez, candidata por Lugo polo PSdeG-PSOE, avanzou esta mañá, antes da súa visita a Novafriga, que o presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, estará en Lugo, este sábado, día 27, “para poñer en valor as propostas do noso candidato José Ramón Besteiro para a transformación de Galicia, para sacala da inanición na que se atopa inmersa desde que o PP Goberna a Xunta”.
Méndez destacou a oportunidade que se abre nestas eleccións para que goberne á Xunta un candidato e un partido como o socialista, un partido galeguista útil, que entende Galicia, con capacidade para dar solucións aos principais problemas da nosa comunidade da man dos seus sectores e da súa xente, moderno, con visión de presente e futuro, con capacidade de xestión contrastada como se ve nos concellos que gobernamos e con capacidade para acadar acordos”.
O presidente Pedro Sánchez acompañará en un mitín a Besteiro nun acto que se celebrará ás 11.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Veterinaria.