A Alcaldesa secundará unha vez máis esta tarde a concentración convocada polos veciños para continuar reivindicando a dotación de servizos para o barrio
“O que nos levan negando 5 anos, o prometerán a bombo e platillo unha vez máis en campaña electoral, pero os lucenses xa estamos cansos e non o vamos consentir. Queremos feitos, e queremolos reflexados no DOG”
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, secundará unha vez máis a concentración convocada pola Asociación de Veciños e Comerciantes da Residencia este xoves, ás 20:30 horas, para continuar reivindicando a dotación de servizos para este barrio “que esmorece mentres o Goberno de Feijóo desfila con desfachatez pola cidade”, tal e como manifestou a rexedora.
“Cinco anos despois do peche do Hospital Xeral, que se está a derrubar á espera de que a Xunta decida que facer con el e a pesar das continuas peticións dos veciños e do Concello, os lucenses non vimos ningunha xestión para darlle uso, soamente observamos como medran os buratos neste emblemático edificio ao redor do que naceu e medrou este barrio”, asegurou Méndez, ao tempo que lamentou o ninguneo da Xunta con Lugo, que vai in crescendo a medida que pasa ao tempo, a pesar das numerosas visitas que realizan os Conselleiros populares á nosa cidade, “para non facer outra cousa máis que para negar, sin ningún descaro, todo o prometido con anterioridade”.
Neste senso, Lara Méndez advertiu que “o que nos levan negando en cinco anos, o prometerán a bombo e platillo unha vez máis en campaña electoral, pero os lucenses xa estamos cansos e non o vamos consentir. Queremos feitos, e queremolos reflexados no DOG”. Así mesmo, lembrou que “os únicos que traballamos polo futuro da Residencia somos o Concello e os veciños”, a través da comisión municipal posta en marcha para impulsar medidas que revitalicen o barrio.