A rexedora asegurou que Feijóo parece que non ten memoria, “pero os lucenses si que a temos e sabemos o que valen as súas promesas. Todas esas promesas incumpridas ano tras ano e anunciadas cada vez que se convocan eleccións”
“Feijóo non pode estar prometendo aos lucenses o que lles corresponde por dereito”, subliñou Méndez, quen instou a reflexar as palabras no DOGA. “O bo, é que o 25 de setembro non será Feijóo nin o PP o que decida sobre o futuro de Lugo
“Feijóo e a leña verde, todo é fume”. Así de contundente foi este martes a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ante os anuncios realizados esta mañá polo propio Feijóo. “Como en cada campaña electoral, Feijóo véndenos fume aos lucenses, e por riba é consciente delo”, pois leva 7 anos como presidente da Xunta de Galicia, a que máis recortou en materia social, educativa e sanitaria.
Nesta liña, a rexedora asegurou que Feijóo parece que non ten memoria, “pero os lucenses si que a temos e sabemos o que valen as súas promesas. Aquelas promesas de dotar ao HULA de Hemodinámica 24 horas, de traer o Ave, de gardar unha partida nestes orzamentos para a Intermodal, de dotar o Vello Xeral e de saneamento ás parroquias do rural, ou da Ronda Leste. Todas esas promesas incumpridas ano tras ano e anunciadas cada vez que se convocan eleccións”.
“Feijóo non pode estar prometendo aos lucenses o que lles corresponde por dereito”, aseverou Lara Méndez, quen instou a reflexar estas palabras no DOGA. “O bo de todo esto é que o día 25 de setembro non será nin Feijóo nin o Partido Popular o que decida sobre o futuro de Lugo, sobre a sanidade e as infraestruturas da nosa cidade”.