A Alcaldesa de Lugo e candidata puxo en valor as execucións que melloraron a accesibilidade a pé e en bici entre a cidade e o Miño como o paso soterrado da NVI, a pasarela Tanxurela ou a peonalización da Calzada romana.

Lembrou, así mesmo, a creación de novas dotacións na contorna fluvial, como as Caldas, e a zona de baño, “na que investimos máis de 300.000 euros e a Xunta nos paralizou tras darnos os permisos por 25 anos”.

Méndez incidiu tamén no convenio firmado coa confederación para a recuperación do Rato ou o proxecto para pechar o Cinto Verde que se presentou a fondos europeos.

Para a rexedora, a xoia natural de Lugo é clave para impulsar un turismo sostible, “por iso a Fábrica da Luz será un Centro Etnogastronomía, para o que acadamos fondos de 2 millóns de euros de Europa”:

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, candidata socialista, estivo hoxe no mercadiño de produtores e artesáns de Galicia e Portugal instalado no Paseo Fluvial do Miño, “mercadiño que se enmarca nas actuacións que incluímos na Capital da Cultura do Eixo Atlántico co que queremos poñer en valor a calidade dos nosos produtos, o bo facer dos nosos empresarios e a marabillosa contorna do Miño”, sostivo.

Méndez incidiu que este tipo de mercados, que se desenvolvemos xa durante o ano pasado con moito éxito, se integran nas accións postas en marcha para “que a cidadanía poida gozar aínda máis da xoia natural do Miño e dos nosos ríos, que debemos protexer”. 

Neste sentido, destacou “que fronte ao resto de partidos que só falan de futuribles, nos actuamos; fronte as promesas, das que só se acordan en campaña electoral, nós presentamos accións”, concluíu.

E entre as obras executadas, lembrou as vinculadas coa mellora da accesibilidade a pé e en bicicleta entre a trama urbana e o Miño, como o paso peonil baixo a N-VI, a pasarela Tanxurela tamén na N-VI, a peonalización da Calzada da Ponte ou a mellora da rúa Pousadela, que comezará nuns días”, accións incluídas na estratexia ‘Muramiñae, da Muralla ao río’.

Así mesmo, incidiu nas actuacións de recuperación da contorna do Miño, moitas delas realizadas a través do programa ‘Dito e Feito’ con colectivos vulnerables ou a mellora dos parque infantís, pero tamén na execución de novas dotacións para o use e goce da veciñanza, como as Caldas do Miño, e a zona de baño pública, onde investimos máis de 300.000 euros “e que a Xunta paralizou a pesar de tela autorizada por un período de 25 anos, pero que para nós é irrenunciable”. Sinalou ademais, a recuperación da Fábrica da Luz, “que se converterá nun Centro de Etnogastronomía e será o eixo central do Plan de Turismo Sostible polo que acabamos de acadar 2 millóns de euros de fondos europeos”.

Pero tamén, fronte os que din que van facer o peche do cinto verde ou mellorar a zona do Rato ou a Fervedoira, lembrou que “acabamos de asinar un protocolo coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para desenvolver un proxecto para a rexeneración do Rato, que inclúe a limpeza da canle fluvial, solucións de saneamento, plantación de especies autóctonas e tamén a creación de novas áreas de recreo e sendeiros peonís”.

Así mesmo, “impulsamos un novo proxecto, que presentamos xa a cidadanía e presentamos tamén ás convocatorias dos fondos europeos, para que o Cinto Verde gañe en conectividade e biodiversidade para goce da veciñanza, pechándoo para crear un conector ecolóxico peonil e ciclista – no que o Goberno local leva tempo traballando – entre a zona urbana e a contorna fluvial, ao mesmo tempo que rehabilitaremos o seu hábitat e impulsaramos os seus usos para o ocio, o deporte e o esparexemento”.