Lara Méndez garantiza con Besteiro como presidente da Xunta as titulacións do Campus Terra e o reforzo da investigación en Lugo
– A candidata por Lugo polo PSdeG-PSOE, sostén que debe valorarse o enorme valor competitivo diferencial tendo en conta a súas conexións coa transición ecolóxica, a agricultura, a gandaría e o sector forestal.
– Méndez destacou a necesidade de crear canteira e consolidar o persoal investigador e docente no campus lucense.
– Anunciou que se creará unha Consellería integrada de universidades, ciencia e innovación, así como unha axencia que aglutine investimentos en innovación e promoción económica.
Lara Méndez, candidata por Lugo polo PSdeG-PSOE, garantizou as titulacións do Campus Terra modificando o decreto que marca en 45 o mínimo de alumnos para manter un grao universitario, decreto que afectaría a Paisaxe e Enxeñaría Civil na Escola Politécnica Superior (EPS) de Enxeñaría e Procesos Químicos Industriais na facultade de Ciencias, así como a Agrícolas e Forestais, que se tería que compaxinar cos campus de Ourense e Pontevedra.
Así llo fixo saber na reunión que mantivo está mañá co vicerreitor, Francisco José Fraga, o adxunto á vicerrector, decanos e decenas e directoras das escolas.
“A decisión foi aparcada temporalmente debido a presión de institucións como o Concello e Deputación, do propio campus e dos colectivos sociais, pero segue esta ameaza latente sobre o futuro do Campus Terra como espazo docente e de investigación científica”, sostivo Méndez, que lembrou que “a viabilidade dos graos deben ter en conta o valor que os graduados achegan ao territorio, e o campus lucense aporta un enorme valor competitivo diferencial tendo en conta a súa alta conexión coa transición ecolóxica, a agricultura, a gandaría e o sector forestal”.
Como exemplo, puxo en valor toda a investigación desenvolvida para a execución dos novos edificios sostibles en altura con madeira como elemento estrutural a través do LIFE Lugo+Biodinámico, “que nos sitúa a Lugo como un referente do novo urbanismo en España e Europa, ao mesmo que impulsa o sector forestal”.
Para a candidata por Lugo polo PSdeG-PSOE, é especialmente importante crear canteira e consolidar o persoal investigador e docente no campus lucense, especialmente agora que terá que facer fronte a un relevo xeracional.Lara Méndez sostivo que cando José Ramón Besteiro sexa presidente da Xunta de Galicia non só se manterán as titulacións senón que se reforzarán as áreas de investigación. Crearemos unha Consellería integrada de universidades, ciencia e innovación, así como unha axencia que aglutina investimentos en innovación e promoción económica. “Así mesmo, comprometémonos a aprobar unha nova Lei de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación no primeiro ano do noso mandato, incrementando o investimento en I+D+i”, comentou