A Alcaldesa mantivo este venres unha xuntanza con veciños en Tirimol, onde pediu o respaldo dos lucenses para Leiceaga o 25 de setembro, para deixar de ser vagón de cola
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, desprazouse este venres a Tirimol, onde mantivo un xuntanza con medio cento de veciños e veciñas. No encontro, a rexedora pediu o respaldo dos lucenses o vindeiro 25 de setembro para Leiceaga, que ao contrario que Feijóo, ten propostas sólidas de país e unha resposta nova para que Galicia deixe de ser vagón de cola. Nesta liña, Méndez lembrou os recortes acometidos nos últimos 7 anos polo Partido Popular e por Feijóo, que pechou máis de 1.00 camas en hospitais, recortou en máis de 2.500 o número de profesores e destruiu máis de 38.000 postos de emprego; así como as promesas incumpridas con Lugo, que unha vez máis, sen ningunha vergoña, promete de novo.