A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o candidato nº1 pola provincia de Lugo ao Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, e o Secretario Xeral do PSOE, Pedro Sánchez, participaron este martes, na praza Anxo Fernández Gómez, nun encontro sectorial con persoas maiores. Nas intervencións, Méndez, Alvarez, Leiceaga e Sánchez compartiron co medio milleiro de persoas presentes as propostas dos socialistas para os maiores. Pensando neles, o PsdeG eliminará o copago farmacéutico aos pensionistas de menos recursos, unha medida que beneficiará a 650.000 persoas e terá un custo de 65 millóns de euros. Os socialistas aumentarán tamén o número de residencias e centros de día.