A Alcaldesa lembrou o burato histórico no que deixa Galicia Feijóo, quen destruíu 38.000 empregos e pechou máis de 1.000 camas en hospitais

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do voceiro municipal, Miguel Fernández, desprazouse este sábado ata Conturiz para manter un encontro cos veciños e veciñas da zona. Na xuntanza, Méndez pediu o voto para os solicalistas o vindeiro 25 de setembro para frear os incumprimentos da Xunta do Partido Popular con Lugo. Despois de 7 anos do Goberno de Feijóo, Lugo continúa sen unha estación intermodal, sen Ronda Leste, sen Hemodinámica 24 horas ou co Vello Xeral esmorecendo, e unha vez máis incorpora estes incumprimentos no seu programa electoral, subliñou Méndez.

Así mesmo, a rexedora lembrou o burato histórico no que Feijóo deixa a Galicia, quen destruíu 38.000 empregos, a pesar de prometer acabar co paro en 45 días, e pechou máis de 1.000 camas nos hospitais públicos.

Lara Méndez pediu o apoio de Lugo para Leiceaga, porque ten un modelo para o país basado na igualdade e unha resposta nova para Galicia, que pasar por devolver a sanidade pública, recuperar a gratuidade universal dos libros de texto, non discriminar cidadáns de primeira e segunda ou de reindustrializar o territorio, entre outros.