No encontro, a Alcaldesa pediu o apoio dos lucenses para o PSOE o 25 de setembro, “para poñer a Lugo no lugar que merece”

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este sábado un encontro coa veciñanza en San Pedro de Mera, onde lles transmitiu o modelo de Galicia dos socialistas, basado na igualdade, “un proxecto de país sólido que dea resposta a Galicia para sacarnos do burato histórico no que deixou a Lugo Feijóo”.

No encontro, ao que asistiron preto de medio cento de veciños, a rexedora lembrou unha a unha as promesas incumpridas de Feijóo con Lugo como a Intermodal, a Ronda Leste, usos para o Vello Xeral ou dotar ao HULA de Hemodinámica 24 horas. Nesta liña, tamén quixo facer fincapé no Catastrazo ou na Lei de Augas aprobada polo PP.

Lara Méndez pediu o apoio dos lucenses o vindeiro 25 de setembro para o PsdeG-PSOE, “para poñer Lugo no lugar que merece e contar con máis oportunidades” e para Leiceaga, que ao contrario que Feijóo, ten propostas sólidas de país e sensatez e ilusión.

“O 25 de setembro decídese quen quere representar aos galegos e quen quere utilizar aos galegos para contentar a outros. Decídese decir bastar xa ao Partido Popular e a Feijóo, basta xa aos copagos ou á fuga de cerebros”, concluíu Lara Méndez, quen continuará coa visita ás parroquias do rural durante a campaña electoral, reuníndose mañá cos veciños e veciñas de Gondar, ás 21:00 horas.