Mantén nos primeiros postos a gran parte do seu equipo de Goberno: “Están os mellores e temos que continuaraproveitando a súa demostrada valía e experiencia en xestión”.
A Alcaldesa destacou que “o fondo coñecemento do municipio e dos seus problemas e o amor por Lugo son claves para seguir traballando no seu crecemento”.
A Alcaldesa e candidata socialista á Alcaldía de Lugo, Lara Méndez, presentou á Asamblea Local a súa proposta de lista para as eleccións municipais, lista paritaria e cremalleira na que a acompañan nos primeiros postos os actuais concelleiros e concelleiras do equipo de Goberno, “compañeiros que xa ten demostrado a súa gran valía e experiencia na xestión municipal, dando pasos enormes neste proxecto compartido de cidade cara a segunda gran transformación sostible e de oportunidades na que estamos a traballar, e que xa non ten volta atrás”.
“Temos xa aos mellores e con eles debemos continuar”, sostivo, e avanzou, así mesmo, unha importante renovación no resto da lista, persoas moi preparadas, ilusionadas e comprometidas, que representan a pluralidade de Lugo”. “Sen dúbida, un equipo gañador”, concluíu.
A lista incidiu, “está integrada por lucenses de idades diversas, da contorna rural e urbana, procedentes do sector privado e do público e gran coñecedores da realidade dos distintos barrios e parroquias”. Así mesmo, a rexedora incidiu en que “a todos os e as que formamos esta lista nos une o amor pola noso municipio”, e engadiu que “o fondo coñecemento de Lugo e das súas necesidades, así como o amor pola nosa cidade sonclaves para seguir traballando intensamente no seu crecemento, para que sexa un Lugo diverso, máis xusto socialmente, máis inclusivo, accesible, ecolóxico, con valores feministas e integradores”.
Nos oito primeiros postos entran, ademais, novos perfís como Jorge Bustos Atanasio, enxeñeiro informático, emprendedor e adestrador do Emevé, no posto sexto e que entra como independente, e Pablo Permuy Villanueva, Licenciado en Matemáticas (Estatística e Investigación Operativa) pola USC, diplomado en Dirección Económica e Administrativa de Hospitais pola Escola de Alta Dirección e Administración de Barcelona e Técnico Deportivo de Grao Medio.
No posto noveno sitúase Angeles Novo Martínez, recoñecida nutricionista, docente e emprendedora, e o avogado Waldir Siniterra Restrepo, que entra como independente e que ten unha longa traxectoria como profesional, especializado enmovementos migratorios, ocupa o décimo posto.
A lista foi aceptada por aclamación.
PROPOSTA CANDIDATURA MUNICIPAIS LUGO 2023
1. LARA MÉNDEZ LÓPEZ (50 anos) Alcaldesa de Lugo desde 2015, a primeira da historia do municipio. Enxeñeira Técnico Agrícola.
2. MIGUEL FERNÁNDEZ MÉNDEZ (68 anos) Actual concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural. Enfermeiro.
3. MERCEDES PAULA ALVARELLOS FONDO (60 anos) Avogada. Actual concelleira de Gobernanza e Economía.
4. MAURICIO VITORIO REPETTO MORBÁN (40 anos)Psicólogo Xeral Sanitario. Actual concelleiro de Xuventude e Deportes
5. ANA MARIA GONZÁLEZ ABELLEIRA (48 anos)Diplomada en Traballo Social. Actual concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego
6. JORGE BUSTOS ATANASIO (30 anos) Enxeñeiro Civil e Máster en Proxectos, emprendedor e adestrador do Emevé
7. OLGA LÓPEZ RACAMONDE (53 anos) Enfermeira especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica e profesora universitaria. Actual concelleira de Benestar e Maiores
8. ÁNGEL PABLO PERMUY VILLANUEVA (67 anos)Licenciado en Matemáticas (Estatística e Investigación Operativa) e diplomado en Dirección Económica e Administrativa de Hospitais
9. Mª ÁNGELES NOVO MARTÍNEZ. (29 anos) Nutricionista e emprendedora.
10. WALDIR SINISTERRA RESTREPO (52 aos). Avogado.
11. MARIA REIGOSA CASTRO (48 anos) Enxeñeira de Camiños e funcionaria de Costas.
12. ALBERTO CALDEIRO PÉREZ (50 anos) Docente.
13. Mª EUGENIA IGLESIAS VARGAS (39 anos) Licencia en INEF
14. YAGO ATADELL MARTÍNEZ (20 anos) Estudante, secretario xeral de XXSS
15. OLIMPIA LÓPEZ RODRÍGUEZ (59 anos) Funcionaria da Xunta, responsable da Arquivo da delegación provincial da Xunta
16. JESÚS DARRIBA BURGO (62 anos) Funcionario municipal
17. CRISTINA AZANZA MORENO (47 anos) Licenciada en INEF e fundadora do proxecto de Mulleres en Forma
18. JOSÉ MARIO CASTRO CUENCA (52 anos) Funcionario municipal
19. Mª CARMEN SANTOS PENAS. Pedánea
20. LUIS FERNÁNDEZ ÁLVAREZ Funcionario na residencia de As Gándaras
21. Mª PILAR RODRÍGEZ POTENTE Pedánea
22. HUGO PARDO-VIVERO VILARES (50 anos) Autonómovinculado ao sector servizos
23. ANA BELÉN DÍAZ PARAPAR Movemento asociativo do rural, vecinal e de muller
24. JUAN JOSÉ RODRÍGUEZ GUDE (52 anos) Director doINSS
25. Mª ISABEL SALAZAR BELLO (74 anos) Foi ciruxana no HULA e deputada no Congreso.
Suplentes
1. PABLO NÚÑEZ GONZÁLEZ
2.Mª PILAR ROCA NÚÑEZ
3. MIGUEL ANGEL CRENDE LÓPEZ
4. ELENA OCAMPO PIÑEIRO