A Alcaldesa presentou a obra do deputado socialista pola provincia de Málaga, José Andrés Torres, que engloba 9 capítulos onde se fala da culpabilización da política como causante da crise, da corrupción ou dos medios comunicación
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, foi a encargada de presentar este venres na Galería de Sargadelos o libro El día en que el triunfo alcancemos, do deputado socialista pola provincia de Málaga, Doutor en Socioloxía e Profesor titular de Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid, José Andrés Torres Mora.
Durante a presentación, a rexedora puxo encima da mesa os puntos de encontro, non soamente de ideas e sentimentos, co autor, que pasan principalmente pola emigración, ou por “un erasmus para obreiros”, tal e como a define Torres.
No acto, Lara Méndez reflexionou sobre a demonización da política como un feito político. Neste senso, incidiu na creación dun estigma dentro da sociedade actual, que considera iguais a todos os políticos e políticas, culpabilizándoos os cidadáns de todos os problemas que sofren. Neste senso, a Alcaldesa recoñeceu un feito como motivo de esperanza: “se a política é o maior dos culpables de todo o que pasou nestes últimos oito anos de crise, a política, cambiar as políticas, é a única solución”. A rexedora tamén ofreceu a súa visión relacionada cos medios de comunicación e a súa influencia na percepción da opinión pública como outro feito político.
Pola súa banda, Torres, quen se mostrou orgulloso de presentar o seu libro en Lugo, fixo un breve recorrido polos temas nos que se centra o libro, que segundo o propio autor “está escrito por un socialista, que fala como un socialista, a través dunha visión socialista”.
O ensaio político El día en que el triunfo alcancemos engloba nove capítulos nos que se fala dende a culpabilización da política como do mal endémico de todas as crisis, o finxido patriotrismo da dereita, a corrupción ou os medios comunicación.