O candidato socialista recoñece as melloras nas entradas da cidade nestes anos e quere seguir ampliándoas ademais de “rematar o que xa está empezado”

A construción da Estación Intermodal, a ampliación da Ronda Este e a iluminación da Ronda Norte serán as primeiras actuacións do próximo mandato

O candidato socialista, José López Orozco, explicou hoxe cales son as propostas do seu equipo en materia de novas infraestruturas que levan no programa electoral.

Nestes anos, os socialistas conseguiron situar a Lugo no lugar que se merece como cidade importante en Galicia. Co esforzo de todos e todas pasamos de ser a eterna olvidada dos distintos gobernos, a destacar e conseguir situarnos no centro do noroeste peninsular. Este traballo debe continuar polo que, López Orozco, lembrou que “é moito o que se fixo en infraestruturas, temos a nova potabilizadora, a nova depuradora, os accesos, as entradas á cidade, a Ronda Este, o novo hospital, a autovía a Santiago está moi avanzada e temos o proxecto para a Estación Intermodal.”

Pero para o candidato do PSdG-PSOE de Lugo, “debemos seguir traballando, primeiro, para rematar o que xa está empezado polo que debemos os cidadáns deben seguir apoiándonos e traballando para que no próximo mandato se remate a Estación Intermodal e tamén a Ronda Este, dende a estrada de A Fonsagrada ata A Tolda”. Neste aspecto, López Orozco, explicou que neste caso o proxecto xa está feito só falta a licitación por parte da Xunta.

José López Orozco reclamou maior celeridade na licitación da nova fase do Plan Paradai xa que “só falta a vontade política da Xunta para que o licite e así, poder dar unha maior permeabilidade ao veciños das Gándaras e o Sagrado Corazón.”

O candidato socialista tamén propón “elaborar un concurso de ideas para darlle forma a esa gran praza que vai quedar onde o cárcere vello, para que a través deste concurso de ideas fagamos un espazo urbano no que os veciños e veciñas poidan desfrutar da cidade.” Ao mesmo tempo prestárase especial atención á necesidade de pasos a distinto nivel en diferentes zonas da cidade para mellorar o tráfico en puntos cunha intensidade alta de vehículos.

Sen esquecerse das conexións, tamén se propiciará que o Ministerio de Fomento complete a unión de autovías conectando a A-54 que vai a Santiago coa A6 que vai A Coruña e a Madrid. Tamén se iluminará e desdoblará a Ronda Norte cun convenio co Ministerio de Fomento e o da Duquesa de Lugo ata a súa unión co polígono do Ceao.

Todas estas medidas forman parte dun programa extenso pero real e efectivo para a cidade no que primou a mellora de calidade de vida dos veciños e co que se quere conseguir que unha serie de avances para que gane Lugo.