Manuel Chaves salientou que “para nós o goberno de López Orozco é un exemplo de boa política municipal e así o explicamos por toda España”

O Ministro de Política Territorial e Administracións Públicas, Manuel Chaves, acompañou ao candidato socialista, José López Orozco e ao Secretario Provincial do PSdG-PSOE, Ricardo Varela, no reparto de información electoral polas rúas de Lugo.

López Orozco comezou dicindo que “para min é un pracer a campaña electoral porque desfruto estando coa xente e explicarlles o que xa fixemos ademais é unha oportunidade para encamiñalos polo que se vai facer.”

O emprego e o benestar social son as principais preocupación do candidato socialista que animou a todos os colectivos e sectores a colaborar “entre todos para buscar e crear postos de traballo na cidade e tamén para atopar solucións aos que o están pasando mal nesta época, as persoas maiores, con diversidade funcional, as que non teñen a oportunidade de poñerse no listón de saída”. Neste sentido, José López Orozco lembrou “que o Goberno Central, en concreto o Ministerio que dirixe Manuel Chaves, foi o que fixo posible os programas de formación e creación de emprego como o Lugo Emprego Activo e Lugo Contigo”.

López Orozco lembrou o traballo que se realiazou dende o Concello para mellorar o benestar social e confirmou que ten a ilusión de aumentar o número de persoas con axuda a domicilio, “en 1999 había 30 persoas con axuda a domicilio, a día de hoxe hai máis de 500 e no próximo mandato quero que ese número se sumen 300 máis porque non podemos consentir que ningunha persoa maior se atope desatendida nin soa.”

O candidato socialista fixo fincapé na importancia de saber facer máis con menos e, para iso, hai que ter moi claros cales son os obxetivos que se queren desenvolver nos próximos anos. “Máis con menos vai ser a nosa política e os feitos son o mellor aval, por iso, os veciños saben que o que prometemos, cumprimos” asegurou López Orozco.

José López Orozco incidiu en que o Lugo actual non o fixo só el “senon que esta cidade fixémola entre todos, institucións, iniciativa privada, economica e cultural porque o que buscamos é solucionar os problemas que se van presentando.” e rematou dicindo que ” os veciños déronnos 12 anos de confianza e vannos dar outros 4 anos máis.”

Interveción de Manuel Chaves

O Ministro de Política Territorial e Administración Pública, Manuel Chavez, destacou que “estoy ante el alcalde más valorado de Galicia y uno de los mas valorados de España. Y eso no es casualidad, cuando hablamos de gestion municipal ponemos como modelo la gestión de López Orozco en Lugo y lo que hizo por el desarrollo de esta ciudad”. Ademais engadiu que o PSOE se sinte moi orgulloso de ter un alcalde como el, que realmente se preocupa das necesidade dos veciños.

Manuel Chaves cometou que nestas eleccións municipais “nos jugamos algo cotidiano como la sanidad, la educación o la aplicación de la ley de Dependencia”, destacando que no momento de crise que se vive é fundamental o papel e a xestión dos concellos, así, “no es lo mismo un ayuntamiento gobernado por la derecha que recorta derechos sociales y uno gobernado por la izquierda que solo piensa en mejorar las prestaciones y el bienestar social”.

O Ministro socialista tamén destacou a importancia da reactivación do electorado socialista que “en nuestras encuestas a principio de campaña nos daban altas cuotas de abstención y, ahora, a falta de una semana, los índices son mucho más bajos.” Con respeto a Galicia dixo que “los resultados de las encuestas es que todas las grandes ciudades gallegas van a estar gobernadas por los socialistas.”