O Grupo Alianza Progresista dos socialistas e demócratas do Parlamento Europeo convocou o encontro celebrado esta mañá en Santiago

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu esta mañá á xornada organizada polo Grupo Alianza Progresista dos socialistas e demócratas do Parlamento Europeo: “Unha nova política económica para Europa: da austeridade ao crecemento”.

Na mesa redonda “Unha política económica para o crecemento de Europa” participaron o eurodeputado José Fernández, o economista José Carlos Díez e o ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

A segunda mesa redonda, baixo o título “Cara a unha Europa máis competitiva e eficiente”, foi moderada polo economista e director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia, Joaquín Fernández Leiceaga, e contou coa participación dos eurodeputados Ramón Jáuregui e Inmaculada Rodríguez e o ex presidente da Xunta de Galicia Fernando González Laxe.

A xornada foi inaugurada polo eurodeputado José Blanco e o secretario de Economía do PSdeG-PSOE, Xaime Barreiro. O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, e o eurodeputado e ex ministro Ramón Jáuregui, foron os encargados da clausura.