O Alcalde salientou que o proxecto do AVE para Lugo non é importante e que o Estado Español non ten en conta a cidade das Murallas

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, realizou unha primeira valoración dos orzamentos presentados polo Goberno do Estado e que calificou como “uns orzamentos para encubrir a realidade e facernos crer que Lugo vai vivir no 2014 no mellor dos mundos sen ser verdade xa que se non fora pola Autovía Lugo- Santiago a provincia quedaría sen ningunha inversión”.

“Non son orzamentos para saír da crise senón que son para seguir igual que estabamos ou incluso peor porque se non hai investimento público é moi dificil que se reactive a economía” segundo López Orozco, que manifestou que “unha vez máis esquecéronse da nosa cidade”.

En materia de infraestuturas, o Alcalde, explicou que “agora xa sei porque non me deron a entrevista coa Ministra de Fomento porque me ía dicir o que agora escriben nos orzamentos, lucenses esqueceros do AVE e da estación intermodal”. Tamén aproveitou para lembrarlle ao Presidente da Xunta de Galicia a promesa que fixera en Lugo de realizar o trazado do AVE dende o organismo autónomo en caso de que o Estado non o fixera, “pois proceda señor Feijoo porque a señora Ministra ten moi claro que o proxecto para eles está esquecido”.

O Alcalde de Lugo aproveitou para comparar a inversión realizada por diferentes goberno na cidade e así “a media de inversión na provincia de Lugo entre o 2007 e 2011 gobernada por Zapatero foi de 257 millóns de euros” mentres que “entre 2011 e 2014 o goberno do PP é de 158 millóns de euros, menos da metade”.