O acto socialista foi un guiño á mocidade, ao futuro de Lugo e aos proxectos xa cumpridos como aval de seriedade, primando a idea de festa democrática
López Orozco dixo que é o momento de amosar a mellora continua desta cidade grazas ao traballo de toda a cidadanía
O candidato socialista, José López Orozco, iniciou a campaña electoral dunha maneira orixinal cun reflexo do futuro de Lugo a través dun graffiti coas imaxes de fondo da Muralla, o Río Miño e a Nova Ponte como símbolos de historia, turismo, medioambiente e modernidade . Como imaxe principal os socialistas escolleron a imaxe de López Orozco, simbolo de futuro, de mellora contonua, de ideas e de promesas cumplidas.
Os actos comezaron ás 22:00 horas con dous grupos de música, Arrthymia e Aro, que amenizaron a festa ata o comezo das intervencións e que aproveitaron para presentar a canción de Loc@ por Lugo, que se pode descargar na páxina web www.psoedelugo.com .
O turno de intervencións abriuno o Secretario Provincial do PSdG-PSOE, Ricardo Varela, que agradeceu a participación dos veciños e incidiu no traballo que leva facendo López Orozco dende que é Alcalde da cidade de Lugo.
José Ramón Gómez Besteiro, Presidente da Deputación e Secretario Xeral da Executiva Local do PSdG-PSOE, avisou de que os socialistas non imos facer desta campaña un partido Barça Madrid, senón un partido propio da Selección, sacando o mellor de Lugo para seguir avanzando. Tamén lembrou e remarcou que un veciño que o 22 de maio quede na casa, é un voto para o PP.
Gómez Besteiro incidiu en que os veciños e veciñas de Lugo serán os protagonistas para que continúe o cambio que comezamos na Deputación e recordou que na provincia de Lugo non podemos deixar que nos pase como na Xunta, temos que votar.
Pechou as intervencións, López Orozco, que incidiu en que a súa será unha campaña limpa, con propostas de futuro, con solucións e non con problemas. Unha campaña na que primará o respecto por encima de todo. Nós temos un aval que presentar diante da cidadanía e outros partidos non teñen nin propostas. Para o alcalde e candidato socialista Esto é unha festa democrática e como tal da nosa boca só sairán propostas constructivas e non de destrución porque nós estamos cos veciños e coas súas necesidades.
Na calumnia e o insulto non me atoparán
Neste senso, López Orozco foi moi critico coa campaña de calumnias e falsedades que está a iniciar o PP de Lugo, atacando a persoas, a empresas de Lugo, e transformando o que debe ser un xogo limpo de propostas positivas, nunha campaña turbia na que o protagonismo é da mentira e o insulto. Aí non me atoparan salientou.
O candidato socialista afirmou que pouco debe crer o PP de Lugo nas súas posibilidades para ter que vir Feijoo a cumprir coas obrigas do seu candidato. Tamén suliñou que nós estamos orgullosos do noso traballo, da nosa cidade, á que temos dedicación exclusiva, ao que somos, e a dicir coa cabeza ben alta que todo o que dixemos que se ía facer, está a facerse.
Os socialistas de Lugo esperan escoitar propostas dos populares ao longo desta campaña, xa que polo de agora non escoitaron nin unha soa. Estamos cansos de escoitar só inslutos e mentiras. Hai que traballar máis por Lugo e menos por enturbiar a política.
Desta maneira convidou , a todos os veciños a apostar pola continuidade deste proceso de mellora continua. Non todo está feito e é moi importante que acudas o día 22 ás urnas para que lle demos adiante a todo o que queda por facer. Porque nós traballamos para que gañe Lugo.