Para o candidato socialista os barrios do Sagrado Corazón e da Estación terán un nexo en común, a Estación Intermodal, ademais de ser un revulsivo económico.
Na zona da actual estación de autobuses crearase unha gran praza cun apeadeiro.
José López Orozco, candidato do PSdG-PSOE de Lugo, acompañado polos membros da candidatura Sonia Méndez e Francisco Fraga, confirmaron no barrio da Estación a aposta firme pola mellora da calidade de vida nos diferentes barrios e a creación de novas infraestruturas vitais para a cidade.
López Orozco presentou a estación Intermodal como unha proposta para mellorar o aspecto dun barrio que medrou entorno ás vías do tren e que será nexo de unión entre o Sagrado Corazón e a Estación. Mañá vaise tomar a decisión sobre a estación Intermodal de Lugo, a estación que vai ver a chegada do AVE a Lugo e que vai unir dous barrios que separaron as vías, o da Estación e o do Sagrado Corazón declarou o candidato socialista.
O candidato do PSdG-PSOE de Lugo asegurou que o traballo que vou facer no próximo mandato é que a Estación se faga nos prazos establecidos xa que conta con orzamento e, desta maneira, Lugo quede unido ao conxunto de Galicia e de España, a través do AVE. En referencia aos críticos da chegada do AVE a Lugo dixo que hoxe en día poñer en dúbida que a cidade vai estar conectada co AVE é poñer en dúbida a realidade.
En referencia ás propostas que López Orozco leva no programa declarou que as nosas son propostas oficiais que están en Boletíns e acordos entre a Xunta e Fomento, non son propostas que están no aire ou que se din porque non se queren cumprir. As nosas son propostas cos pes na terra para os cidadáns e para que gane Lugo.
Na súa preocupación polo emprego e a economía, López Orozco, explicou que cando comece a construción, e unha vez que entre en funcionamento, esta zona revalorizarase economicamente, xa que aumenta o número de transeúntes na zona, co que se aumenta o número de negocios
Esta estación vai facer que Lugo este máis cerca das outras cidades coas que estaremos conectados, a estación coa que soñamos todos os lucenses e que se vai ver transformada totalmente segundo López Orozco, vai ser un revulsivo para a zona.
A alternativa económica no centro
Na súa aposta por todos os barrios da cidade, López Orozco, manifestou que a zona da actual estación de autobuses non vai quedar baleira e lembrou que no seu lugar se construirá unha gran praza para que todos os lucenses a poidan desfrutar e que se sacará a concurso. Ademais crearase un apeadeiro para que algunhas das liñas de autobuses paren nesa zona.
Outra aposta fundamental para o centro é a reforma da antiga cárcere, como un gran centro cultural que atraerá a numerosos colectivos interesados. Esta infraestrutura contará con numerosas actividades que farán dela un centro de referencia na cidade e na provincia.