O Alcalde de Lugo garante que co PSOE os intereses dos agricultores estarán defendidos na Unión Europea

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas e Medio Rural, Manuel Chaín, mantiveron hoxe un encontro con veciños da zona rural na Escola de San Xoán do Campo. Neste encontro falouse da importancia que ten a Unión Europea para os agricultores e no desenvolvemento do rural.

O Alcalde destacou a importancia das eleccións europeas e fixo un chamamento á participación o próximo 25 de maio, votando ao PSOE, para que Galicia teña unha voz forte en Europa como a de José Blanco, que defenderá os intereses dos lucenses no Parlamento Europeo.

Neste sentido, López Orozco explicou que “co PP España perdeu un 12% do orzamento da Política Agraria Común e que o modelo deseñado por Cañete para poder acceder ao cobro da PAC prexudica aos agricultores profesionais e beneficia aos terratenentes”. Ademais os criterios de repartición destas axudas non teñen en conta a producción, nin o emprego, non potencian o crecemento e viabilidade das explotacións gandeiras.

Outra cuestión moi preocupante para os agricultores é a desaparición da cota láctea no 2015 e a liberalización do mercado leiteiro, que prexudicará gravemente os intereses dos agricultores galegos, porque terán que competir co leite de outros países que teñen un nivel de axudas significativamente maior.