Manuel “Pachi” Vázquez acusou a Alberto Núñez Feijoo de estar en campaña facendo política municipal pero “escondendo aos candidatos e non deixandoos falar”

Hoxe a mañá mantiveron un almorzo cos medios, José López Orozco, candidato socialista de Lugo, Manuel “Pachi” Vázquez, Secretario Xeral do PSdG-PSOE e Ricardo Varela, Secretario Provincial do PSdG-PSOE de Lugo, onde responderon ás preguntas realizadas por xornalistas.

López Orozco destacou que estamos facendo o de sempre “traballamos ao lado dos veciños, con un pouco máis de intensidade, levando as propostas dos próximos catro anos e presentando un aval: o feito nestes últimos doce anos.” E incidiu en que “Lugo é unha cidade que cambiou case 180 grados e que conta con mellores accesos, con mellor auga e unha plena modernización”.

O candidato socialista explicou as cualidades da cidade, “somos optimistas cos pés na terra, porque temos, cultura, seguridade xa que somos a cidade de Galicia máis segura, vivenda a bo precio e, o máis importante, recursos humanos formados como nunca os tivemos.”

López Orozco lembrou que “somos a cidade española con maior inversión en benestar social por persoa. A nosa política é a de non escatimar en recursos e accións sobre as persoas. Temos unha ratio de 15.000 veciños por centro social.” A creación de emprego é o piar fundamental do programa socialista por iso “dende o Concello invertemos 6 millóns de euros, que buscamos a través do financiamento europeo e do Estado, en formación xa que nós formamos segundo as necesidades empresariais da cidade.”

O candidato socialista tamén se centrou en que “con menos imos facer máis porque temos que conseguir que, cada vez, nos sintamos máis orgullosos da nosa cidade.” E incidiu en que nunca defenderán as súas ideas a través do insulto ou a mentira senón que sempre coa colaboración e o diálogo entre todos os sectores sociais. López Orozco rematou invitando a todos os que estaban a que se achegasen as festas lucenses como o Arde Lucus e ao San Froilán.

Interveción de Manuel “Pachi” Vázquez

O Secretario Xeral do PSdG-PSOE alegrouse de compartir mesa “co Alcalde de Lugo que é algo máis que Alcalde de Lugo. É unha persoa emblemática e de referencia en toda Galicia.” Pachi Vázquez, fixo referencia a que López Orozco é o alcalde máis valorado de Galicia porque os cidadáns recoñecen e valoran a xestión que fai en Lugo e o cambio que sufriu a cidade.

Manuel “Pachi” Vázquez insistiu que “ estamos presentando un proxeto que por si só xa se saca adiante e porque estamos orgullosos dos nosos alcaldes, non como Feijoo que en cada mitin os esconde e non os deixa falar, por algo será.”