O Alcalde de Lugo estivo acompañado por concelleiros e membros da organización socialista na xuntanza celebrada no Local Social de Esperante
O Alcalde, José López Orozco, acompañado por concelleiros do Grupo Municipal Socialista e membros da Executiva Local do PSdeG-PSOE de Lugo, mantivo un encontro cos veciños e veciñas da zona rural no Local Social de Esperante. O obxectivo desta xuntanza era escoitar as propostas da cidadanía para seguir mellorando o municipio.
Con este encontro López Orozco continúa coa campaña O PSOE en pé de rúa: Lugolízate e decide como queres que sexa o teu barrio, parroquia e concello, que consiste na posta en marcha das reunións con veciños e veciñas dos barrios da cidade e da parroquias da zona rural para coñecer as súas propostas e incluílas no programa electoral das municipais do 24 de maio.
Esta campaña enmárcase no Proxecto de municipio, co fin de dar unha resposta axeitada e eficaz á sociedade lucense, deseñando unha estratexia de futuro que permita facer fronte aos desafíos actuais e consolidar un modelo de cidade integral, a través da participación cidadá.
O próximo encontro será o luns, día 23 de febreiro, ás 21:00 horas na Escola de Poutomillos. Con estas reunións preténdese dar cobertura tanto ao medio urbano como ao rural porque o PSdeG-PSOE de Lugo é consciente de que esta é a realidade do noso municipio.