O Alcalde de Lugo continúa desenvolvendo encontros coa veciñanza da contorna rural e urbana
José López Orozco, acompañado de concelleiros do Grupo Municipal Socialista e de candidatos da lista electoral para as próximas eleccións municipais mantivo este serán unha xuntanza con veciños e veciñas no Centro de Convivencia de Fingoi. O Alcalde coñeceu de primeira man as propostas coas que a cidadanía considera que se pode mellorar o municipio.
A reunión celebrada esta noite enmárcase no programa O PSOE en pé de rúa: Lugolízate e decide como queres que sexa o teu barrio, parroquia e concello, co que os socialistas lucenses recollen as demandas veciñais, tanto do rural como dos barrios da cidade, co fin de incorporalas ao programa electoral co que concorrerán aos comicios municipais do vindeiro 24 de maio.
A participación cidadá é un dos aspectos clave do Proxecto de municipio que está a desenvolver o PSdeG-PSOE de Lugo para deseñar un modelo de concello que sexa quen de afrontar os desafíos cidadáns do presente e do futuro.
O seguinte encontro de López Orozco cos veciños e veciñas lucenses será mañá xoves no Centro de Dinamización Social de Santa María de Bóveda ás 21:00 horas.