O mitin celebrouse no Auditorio Municipal Gustavo Freire, ao que asistiron moitos veciños e veciñas que quixeron escoitar aos políticos socialistas e as súas propostas de cara ás próximas eleccións europeas do 25 de maio
O Alcalde, José López Orozco, participou no mitin central das eleccións europeas do PSdeG-PSOE na cidade de Lugo, no que tamén interviron o Deputado no Congreso, Alfonso Guerra, o Secretario Xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, o candidato ás eleccións europeas, José Blanco, e a Deputada autonómica, Concepción Burgo.
O mitin celebrouse no Auditorio Municipal Gustavo Freire, ao que asistiron moitos veciños e veciñas que quixeron escoitar aos políticos socialistas e as súas propostas de cara ás próximas eleccións europeas do 25 de maio. López Orozco pediu unha participación masiva nesta eleccións votando ao PSOE, porque os socialistas van a ser o motor do cambio en Europa.