O candidato lembrou que todas as promesas están cumplidas e Lugo non é a cidade atrasada de antes,Lugo é moderna e ten as mellores infraestruturas.
Outro tema que destacou é que o seu goberno traballou moito máis que cuarenta horas por Lugo, levamos traballando 12 anos e ese é o noso aval.
O candidato socialista, José López Orozco, puxo o peche a unha campaña electoral nas que os socialistas destacaron polas súas propostas para os veciños e veciñas de Lugo e nas que temos que seguir remando todos xuntos. Foi un acto no que estivo acompañado por diveras personalidades de PSOE, así o primeiro en intervir fo José Ramón Gómez Besteiro, Secretario Xeral da Executiva Local do PsdG-PSOE, a continuación interviu Manuel Pachi Vázquez, Secretario Xeral do PsdG-PSOE, José Blanco, Vicesecretario Xeral do PSOE e finalmente José López Orozco, candidato socialista e Presidente da Executiva Local do PSdG-PSOE de Lugo.
López Orozco destacou que a miña candidatura preséntase cun aval, o traballo feito durante estes anos. Nós podemos dicir que cumprimos as nosas promesas e senón podemos mirar para o río e ver a nova ponte, a pasarela sobre o río e as ribeiras do Miño e do Rato. Tamén podemos mirar para os polígonos industrias, para os barrios e para as novas infraestruturas. Lugo medrou como prometemos, pero aínda ten que avanzar moito máis e para iso necesito a confianza de todos vos.
Loco de Amor por Lugo
José López Orozco recoñeu o seu enamoramento pola cidade e o único pensamento que ten é en que Lugo mellore cada día, en que gañe cada día porque tamén gañarán os veciños e veciñas.
O candidato socialista lembrou que está loco por Lugo porque temos un parque empresarial de primeira nas Gándaras que imos potenciar e abaratar, por fin podemos beber auga do grifo tranquilos; xa non entramos entre verzas e contamos con accesos modernos á cidade, unha cidade do século XXI.
A ponte sobre o Miño é unha realidade, non coma o Auditorio e iso que Feijoo leva o mesmo tempo como Presidente da Xunta que Blanco como Ministro. Aqui é onde se ven as ganas de que mellore Lugo declarou o candidato socialista.
López Orozco enumerou algunhas das melloras que se conseguiron grazas a un goberno socialista como pode ser a cidade de España que máis inviste nas persoas, xa que se pasaron de 3 centros sociais a máis de 40. Nestes anos de goberno tamén se afianzaron festas como Arde Lucus e o San Froilán como Festas de Interese Turístico ou se conxelaron os impostos e taxas e aínda así multiplicáronse por sete as axudas ao aluguer. López Orozco incidiu en que todo isto foi posible porque non se malgastou nin un euro e podemos presumir de ser a cidade de Galicia con maior transparencia en xestión.
Tampouco se esqueceu do emprego e da aposta que se fixo dende o Concello para crear programas de emprego como o Lugo Contigo, o Lugo Emprego Activo ou o Pla n Piles, por non falar da creación do CEI-NODUS e a aposta pola formación, porque para nós as preocupacións dos lucenses son as nosas preocupacións e o que me quita o sono son os 8000 desempregados que temos na cidade rematou López Orozco.
Unha Campaña Limpa
O candidato socialista incidiu en que Lugo non quere mentiras, nin calumnias, nin políticos que se esconden detrás dos anónimos para facer acusacións falsas e inxuriar. Para acabar dicindo que Lugo necesita unha clase política de pimeiro nivel, a altura da cidadanía desta cidade.
López Orozco, en relación, cos anónimos explicou que queremos políticos que den a cara, que non se escondan baixo pasquíns anónimos porque, non é o mesmo clase política que políticos con clase e no PP de Lugo demostran que non teñen esa clase.
No mesmo discurso lembrou que o que queren os lucenses é un goberno que defenda os intereses de Lugo e recordoulle a Jaime Castiñeira que foi o único que negou tres veces a construción dunha residencia no Barrio da Residencia. A isto chámalle apostar por Lugo!
López Orozco tamén tivo palabras para Nuñez Feijoo e dixo que hai quen pensa que dedicándolle 40 horas a Lugo en 2 días, se solucionan os problemas. Pero non me saen as contas. 40 horas nun mandato saen a 10 horas por ano. Iso é o que traballa o PP en Lugo. Pola contra, lembrou que nós dedicamos máis de 22.000 horas a loitar por Lugo, a berrar ben alto que estamos Locos por Lugo, enamorados desta cidade e que traballaremos sempre para que lle vaian as cousas ben, para que mellore, para que a súa xente teña cada vez mellor calidade de vida.
Para rematar o acto, o candidato socialista, pediu que o domingo todos acudan as urnas para facerse escoitar, e voten pola miña candidatura. Unha candidatura con moita ilusión e con moitas ganas de seguir traballando por Lugo.