Os outros tres eixes fundamentais das propostas socialistas son a reactivación económica, a calidade de vida e o benestar para que gane Lugo.

Unha das apostas é a creación dunha Concellería de Emprendedores e Autónomos que se centre na estabilización de postos de traballo.

O PSdeG-PSOE Lugo demostra que o rural si que importa con novas e innovadoras medidas para o asentamento da poboación en núcleos de dita zona.

Os socialistas propoñen continuar coa modernización e rehabilitación dos barrios como o das Gándaras e Albeiros e a creación dunha Residencia no barrio do antigo Hospital.

En materia de medio ambiente vanse a centrar no desenvolvemento do Plan Director do Miño e o Rato.

O equipo de López Orozco é coñecedor da gran importancia que ten a nosa historia polo que crearán un Consorcio de Rehabilitación e Arqueoloxía da cidade.

O alcalde e candidato do PSdeG – PSOE Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Deputación e candidato, José Ramón Gómez Besteiro, presentaron os eixes fundamentais que forman o programa electoral dos socialista de cara á campaña de 2011.

Entre todos construímos unha cidade moderna pensada para vivir, por iso, podemos falar do cambio que se levou a cabo en Lugo nestes anos, nos que o Grupo Municipal do PSdG-PSOE cumpriu a maioría dos proxectos dos anteriores programas. Pero hoxe os socialistas de Lugo non se conforman, a cidade non se para e hai novos retos e ilusións para seguir mellorando a calidade de vida dos lucenses. A cidade cambiou, mellorou e isto é gracias ao traballo de moita xente que non permitiu que a cidade se pare.

Para os socialistas hai máis de 97.000 razóns e 8.900 prioridades para seguir traballando e mellorando Lugo e non queren facelo solos, por eso este é o teu programa, o dos lucenses xa que incorpora as aportacións dos diferentes colectivos cos que se mantiveron reunións. É un programa realista, adaptado á realidade que nos toca vivir e comprometido coa cidade porque esta é a mellor maneira de demostra que estamos todos locos por Lugo.

Desta maneira a columna vertebradora deste programa ten cinco puntos básicos:

1- A creación e mantemento do emprego
A creación e reactivación do emprego é un dos principais obxetivos deste equipo que levan anos desenvolvendo políticas activas de emprego, a pesares de non ter as competencias, pero é unha das súas principais preocupacións. A activación do emprego é o aspecto máis importante para buscar que todos esteamos locos por un Lugo activo.

Dende o equipo de López Orozco apóstase por crear unha concellería de Emprendedores e Autónomos, trataríase dun departamento de atención específico, que priorice e oriente ás persoas que queiran crear emprego ademais de que se estenderá a redución de trámites administrativos e taxas para a apertura de negocios. Da mesma maneira apostan por colaborar con outras administracións para poñer en marcha un Centro de Xestión no Parque Empresarial das Gándaras co obxetivo de axilizar os trámites empresariais e descentralizar a administración municipal que xunto coa continuación de bonificacións do 50% do imposto de construción para as empresas que se instalen nas Gándaras son algunhas das iniciativas, para atraer novas empresas para dito parque empresarial.

Os socialista tampouco se esquecen de medidas para o fomento do emprego no centro da cidade como facilitar a instalación do pequeno comercio na zona da Tinería e ofrecer á administración competente colaboración para a instalación dun viveiro de empresas nos locais sen uso dende hai anos nesta zona da cidade. Outra das medidas orientadas no sector laboral é propiciar que o antigo Hospital de San José se transforme nunha dotación hoteleira de primeira categoría que complemente as xa existentes na cidade co que se melloraría a oferta turística e, a súa vez, crearíanse novos postos de traballo.

Tampouco se esquecen dos máis novos, así o equipo de López Orozco, propón a elaboración de plans de inserción laboral para mozos desempregados e sen título académico obrigatorio, donde se priorice a formación reglada e con vistas a novos empregos, da mesma maneira que programas específicos para os emprendedores do rural dirixido a persoas entre 18 e 35 anos que busquen rexuvenecer o campo.

2- A nosa historia, unha oportunidade económica.
A actividade turística e cultural é unha fonte de riqueza, vinculada estreitamente á actividade económica, á xeración de emprego e ao desenvolvemento social do concello. Desta maneira, López Orozco, aposta porque a nosa historia se converta nunha oportunidade económica.

Seguindo estas directrices, continuarase coa peonalización do Centro histórico, transformando as traseiras actuais orientadas cara o paseo interior en fachadas que permitan máis actividade comercial ou recuperando os valores históricos como a ponte romana, o castro de A Piringalla ou as fiestras arqueolóxicas que engaden un valor ao centro urbán. Neste sentido e, en colaboración coa Deputación de Lugo e outras administracións e entidades privadas, constituirase o Consorcio de Rehabilitación e Arqueoloxía na cidade.

A nivel cultural, consolidaranse programacións estables e diversificadas e ampliaránse o horario das salas de estudo existente, posibilitando o seu uso durante a noite e días de festa en datas de especial necesidade. Outra das propostas en materia cultural é extender a celebración do Arde Lucus a outras partes da cidade e crear unha estratexia de comercialización do Produto Turístico Lugo-Cidade Romana.

3- A calidade de vida.
Unha cidade que avanza e se moderniza debe facelo sempre pensando nos seus veciños e veciñas. As zonas verdes, as rúas que dan protagonismo á cidadanía, parques infantís, centros de convivencia, axuda aos maiores, escolas infantís, deporte, seguridade, vivenda e participación. Todo esto é calidade de vida, e é o que define a Lugo.

Residencia no barrio do antigo hospital
Por este motivo o Partido Socialista aposta por unha mellora na atencións aos nosos maiores e nos Centros de Día e promover unha residencia de anciáns de calidade no antigo Hospital.

Outra das medidas é a posta en marcha dun servizo de respiro familiar para aquelas familias con persoas ao cargo, creandose programas centrados no ocio e tempo libre ademais de axudas para pequenos arreglos en vivendas nas que residan persoas con problemas de movilidade ou con escasos recursos, esta última medida en colaboración coa Deputación.

En materia de igualdade apóstase por aprobar e desenvolver o III Plan de Igualdade de Oportunidades entre as mulleres e homes de Lugo e por dar o máximo apoio á muller rural potenciando o seu desarrollo social e laboral.

O Medio Ambiente garantía de calidade
Os socialistas non se esquecen do medio ambiente e desta maneira apostan por desenvolver o Plan Director do Miño e do Rato completando todo o paseo fluvial, poñendo en marcha corredores peonís dende o centro da cidade ata os ríos, iluminando en colaboración coa Deputación e de forma sostible o entorno dos mesmos e rehabilitar antigos espazos como por exemplo a creación dun Museo dos usos da auga e unha Escola de pesca nas antigas instalacións da potabilizadora. Para conseguir que esta zona fluvial quede o mellor acondicionada posible tamén se propón eliminar as vallas publicitarias que afean a cidade, regulando reservas de espazo para esta actividade, sempre condicionada a que teñan un retorno económico para as arcas municipais.

A vivenda como dereito
En materia de vivenda e en paralelo ao desenvolvemento do barrio de As Gándaras promoverán a construción de vivendas co fin de poder vivir cerca do novo lugar de traballo e impulsando, xunto con outras administracións, a vivenda protexida, especialmente es solo público destinada ao aluguer, priorizando o acceso a mozos e maiores.

O aumento de habitantes da cidade tamén ocasiona un aumento da flota de vehículos que circulan pola cidade por este motivo, o PSdG-PSOE Lugo, propón a creación dunha rede de aparcamentos por barrios para residentes e aparcamentos disuasorios na entrada da cidade co que se propicia o uso de terreos baleiros para aparcamentos.

A educación e o deporte outra parte básica do programa de López Orozco
O candidato socialista, López Orozco, vai consolidar o centro asociado da UNED colaborando no seu traslado á nova sede no antigo hotel Miño e propiciarase o desenvolvemento do campus universitario con novas edificacións a través do programa Campus 2015.

En materia de deporte, apostan por mellorar e potenciar os circuitos urbanos e as rutas entorno á auga; por transformar o vello vertedoiro de Teixeiro, hoxe en desuso, nun área de deportes a motor e solicitar á administración competente que o circuito de velocidade de Galicia se faga en Lugo.

O rural importa
O rural é unha parte fundamental para o Concello de Lugo, por este motivo, tamén se quere facer unha serie de propostas que demostran que esta zona si que importa para os socialistas. Así, colaborarán na rehabilitación de inmobles e mantemento do patrimonio arquitectónico rural; potenciaranse a produción de cultivos e prácticas gandeiras ecolóxicas; uniranse as parroquias entre si e coas vías principais a través de pistas con asfalto en quente ou aumentaranse as frecuencias do transporte público coa posibilidade de crear novas rutas.

A participación da cidadanía na xestión pública é unha das iniciativas que destacan dos anteriores gobernos de López Orozco, asi, quere seguir ampliando estas posibilidades creando a figura do Xestor Administrativo Local encargado de facilitar a tramitación administrativa a colectivos con necesidades especiais como os maiores ou persoas con discapacidade. Nesta mesma liña propón potenciar a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) para que sexa un punto de referencia en materia de consumo.

En materia de seguridade vaise apostar para impulsar as funcións da Policía Local en materia de policía de proximidade, achegándoa máis a cidadanía e aos lugares nos que residen os veciños mediante Oficinas de Distrito nos Centros de Convivencia Municipais.

4- Facer máis con menos.
Para López Orozco é o momento de buscar fórmulas que nos permitan que a cidade siga avanzando, mellorando, facéndose máis competitiva e agradable para vivir, sen esquecer a realidade económica actual. Seguirase coa idea de austeridade e investimento responsable como unha forma de xestión pública. Seguiranse facendo máis con menos.

Deste xeito levaranse a cabo unha serie de medidas que pretenden mellorar a calidade de vida pero aforrando o máximo posible como por exemplo a ampliación do programa de rehabilitación de vivendas; a posta en marcha dun sistema de rego con auga reciclada; o transporte público coa incorporación de novos microbuses ecolóxicos a fin de reducir a frecuencia de paso e fomentar o seu uso ou a aposta por tarifas especiais de transporte para mozos, estudantes e pensionistas.

5- Lugo, o centro do noroeste peninsular.
Nestes anos, os socialistas conseguiron situar a Lugo no lugar que se merece como cidade importante en Galicia. Co esforzo de todos e todas pasamos de ser a eterna olvidade dos distintos gobernos, a destacar e conseguir situarnos no centro do noroeste peninsular. Este traballo debe continuar.

Desta maneira, o equipo de López Orozco, propiciará que a Xunta de Galicia complete a terceira ronda coa Ronda Este dende o novo Hospital ata a Tolda e que finalice o Plan Paradai, co que a cidade se dotaría de infraestruturas nos seus accesos.

Sen esquecerse das conexións, tamén se propiciará que o Ministerio de Fomento complete a unión de autovías conectando a A-54 que vai a Santiago coa A6 que vai A Coruña e a Madrid. Tamén se iluminará e desdoblará a Ronda Norte cun convenio co Ministerio de Fomento e o da Duquesa de Lugo ata a súa unión co polígono do Ceao.

Todas estas medidas forman parte dun programa extenso pero real e efectivo para a cidade no que primou a mellora de calidade de vida dos veciños e co que se quere conseguir que unha serie de avances para que gane Lugo.

Declaracións de José Ramón Gómez Besteiro

Ao finalizar a exposición do programa, o Presidente da Deputación de Lugo e candidato socialista, José Ramón Gómez Besteiro quixo facer fincapé no significado do lugar, ao carón do río Miño e entre a ponte romana e a ponte nova, como símbolo do cambio que sufriu a cidade e que debe seguir mellorando. Gómez Besteiro indicou que se “presenta un programa renovado, ilusionado e que recolle perfectamente o que queren os cidadáns o que nos indica que nós estamos cos problemas dos veciños. Nós non combatemos cos rivais, combatemos cos problemas” ademais engadiu que a candidatura socialista pensaba e traballaba por e para os veciños.

Gómez Besteiro quixo facer partícipes aos presente da seguinte reflexión “se temos o mellor alcalde, o máis valorado de Galicia ¿porque cambialo? Se vamos a seguir estando onde sempre estivemos, cos problemas dos cidadáns, resolvendo algúns máis rápidos e outro máis tarde.” Rematou lembrando que “non critican aos demais partidos, senón que combatemos os problemas polo que a gran preocupación agora é a creación de emprego e esa é a idea fundamental do programa.”