• O Presidente do Grupo Municipal quere continuar co seu compromiso coa modernización da cidade

• López Orozco mantivo sempre a súa intención de formar un equipo sólido que estivese “Loco por Lugo”

• A Asamblea Local do PSdG-PSOE ractifica e da o visto bo a unha lista renovada

O Alcalde e candidato á alcaldía, José López Orozco, presentou a lista de candidatos coa que concurrirá ás vindeiras eleccións municipais do 22 de maio de 2011. Trátase dunha lista paritaria, formada por profesionais de diferentes sectores como a educación, a formación e o ámbito rural, e na que se combina a experiencia dos concelleiros máis antigos coas novas ideas dos que chegan.

Esta lista, moi renovada e con 7 incorporacións nos postos de saída, nace co obxectivo de continuar co traballo iniciado e seguir mellorando a calidade de vida dos lucenses. De feito, combina experiencia e ilusión nun equipo sólido cheo de homes e mulleres lucenses e “Locos por Lugo”.

López Orozco demostra con esta lista, a súa aposta e compromiso coa cidade, incorporando profesionais de sectores vitais para Lugo como son a formación dos máis novos, o emprego e a zona rural. Confirma deste xeito o seu compromiso para loitar contra o desemprego, para continuar o despegue económico da cidade, e para proseguir no camiño da modernización.

José López Orozco destaca que todos os lucenses que forman parte desta candidatura estiveron e están implicados no proxecto modernizador da cidade e con moitas ganas de traballar por Lugo.

De feito, o traballo comeza de inmediato cunha xuntanza na que participarán todos os compoñentes da candidatura, e na que se analizarán cuestións de máximo interese para a cidade e os seus veciños e veciñas

Trala aprobación da Asamblea Local, a lista queda da seguinte maneira:

1.- José Clemente López Orozco
2.- José Ramón Gómez Besteiro
3.- Sonia Méndez García
4.- Francisco Fraga López
5.- Carmen Basadre Vázquez
6.- Luis Álvarez Martínez
7.- Manuel Enrique Chaín Fernández
8.- Esther Muñoz Mella
9.- José Manuel Díaz Grandío
10.- Ana González Abelleira
11.- Lino González Dopeso
12.- Manuel Núñez López
13.- Rosana Rielo Rozas
14.- Nuria Mundiña López
15.- Alfonso Orol Castro
16.- Pilar Rodríguez Potente
17- Julio Antonio Iglesias Abuín
18.- Ester Losada López
19.- Manuel Padilla Fernández
20.- Mariví Moral Orol
21- Ana María Barreiro Carral
22.- Diego Pena Luaces
23.- José Piñeiro Díaz
24.- Luisa Zarzuela González
25.- José Rabade Arias
———————————
Juan Noguer Asensio
Loli Vieiro Nuñez
Carmen Méndez Mazoi