O candidato socialista, mantivo unha reunión con diferentes asociacións de mulleres para coñecer as súas inquedanzas e preocupacións.
Máis tarde, López Orozco, acompañado de membros da candidatura, compartiu un acto con destacados profesionais das redes sociais e novas tecnoloxías.
O candidato socialista, López Orozco, acompañado de diferentes membros da lista, mantivo unha reunión con diferentes asociacións de mulleres para dar a coñecer as propostas incluídas no programa electoral. Desta maneira, incidiu na presentación dunha campaña de sensibilización para fomentar o emprego feminino e mellorar a conciliación familiar.
López Orozco destacou que dende o Concello sempre se traballou en favor das mulleres, xa que é un dos sectores máis vulnerables de exclusión social, a través da priorización feminina en todos os programas de inserción laboral e cursos de formación.
Así, o candidato do PSdG-PSOE, incidiu nas propostas en materia de emprego ao crear un proxecto para mulleres con diversidade funcional, para seguir coa liña de traballo que xa estamos facendo dende o Concello, desta maneira crearase un centro específico para persoas con discapacidade no CEI.
As mulleres do rural tamén importan polo que se vai poñer en marcha un programa para fomentar a creación de empresas de caracter agrario e ecolóxico, explicou López Orozco.
Fomentar a conciliación familiar
Pero López Orozco non se esqueceu de explicar a importancia e a aposta do seu equipo pola mellora da conciliación familiar e anunciou a posta en marcha do III Plan de Igualdade, un plan que mellorou a calidade de vida de moitas familias lucenses. Dentro das propostas presentadas está a ampliación dos horarios das escolas infantis, ociotecas, dos centros de convivencia ou a creación dun programa de respiro familiar para as familias con nenos de ata 25 anos e que teñen diversidade funcional.
O que queremos é mellorar a calidade de vida dos lucenses e con estas propostas facilitarase a vida de moitas familias lucenses segundo López Orozco.
Aposta polas novas tecnoloxías
López Orozco é coñecido pola súa afición ás novas tecnoloxias e asi se mostrou na reunion que mantivo con profesionais do sector das novas tecnoloxías e das rede. O candidato socialista atendeu as propostas e peticións dos asistentes para mellorar en Lugo a nivel de redes sociais e a nivel tecnolóxico.
López Orozco comentou que eu quero que Lugo siga mellorando en todos os aspectos por iso quero contar coa opinión dos mellores deste sector que hoxe estades aqui para tomar medidas tecnolóxicas.
O candidato socialista tamén explicou as propostas da súa candidatura como a aposta polo fomento do emprendedor a través do CEI, onde a maioría teñen un caracter tecnolóxico, do Centro de Negocios no CEAO ou as facilidades para as novas empresas.
Da mesma maneira incidiu na importancia da ampliación das zonas WIFI na zona rural e en máis zonas públicas de Lugo porque a día de hoxe as novas tecnoloxías son fundamentais para o desenvolvemento dunha zona e para manterse comunicado co resto do mundo.
José López Orozco destaca pola súa presenza nas redes e a súa actividade nas mesmas que fan que sexa o político galego con máis seguidores en Twitter con preto de 1000 (949) ou en Facebook, no que ten máis de 3000 amigos. O candidato socialista actualiza os seus perfis a diario e participa en diversos foros de internautas. Non debemos esquecer que tamén dispón de videoblog e de canal en youtube.