O candidato socialista puxo como exemplo de rehabilitación o barrio do Sagrado Corazón e anuncio que Montiron, Piringalla, e Barrio Feijoo seguirán o exemplo
Lembrou tamén que o PSdG-PSOE fixo unha campaña limpa na que primaron as propostas que Lugo necesita para seguir avanzando
O candidato socialista, José López Orozco, acompañado por toda a candidatura, reuniuse no barrio da Residencia para lembrar que seguen coa mesma reivindicación de crear un centro de maiores asistidos ou non asistidos nesa zona, porque non queremos deixar morrer o barrio .
López Orozco incidiu en que iniciamos aquí a campaña e nós non queremos deixar ningún barrio morto. Nós queremos que este barrio volva a revivir e por iso, dende o primeiro momento, pedimos unha residencia de asistidos e non asistidos que creará como mínimo 300 postos de traballo, en alusión as propostas do seu programa electoral e a solicitude que no seu día se fixo á Xunta de Galicia.
Neste sentido, López Orozco lembrou que neste mesmo barrio, Castiñeira, negou tres veces a construcción da residencia pero que o PSdG-PSOE defendeu que nós sempre estamos aquí porque queremos que todos os barrios estean vivos e que toda a zona rural este viva.
Fomento do Emprego
Dende antes da campaña electoral, o emprego, sempre foi a maior preocupación do candidato socialista. Así, López Orozco lembrou que non falamos sobre vacío porque temos toda unha historia no Concello da nosa preocupación pola creación de emprego.
López Orozco tamén resaltou que Lugo é unha cidade emprendedora, unha cidade que ten un centro de empresas no que se crearon máis de 30 empresas que crearon máis de 100 postos de traballo. O socialista salientou que Lugo é unha cidade que buscou presuposto máis alá dos seus límites para poder facer cursos de formación, para facer programas como o de Lugo Emprego Activo, programas para xente con diversidade funcional, como Lugo Contigo, para facer programas para as mulleres, o programa Piles ou o Lugo Emprega en colaboración coa Deputación.
En referencia ao programa electoral que presentan os socialistas, López Orozco, destacou que todas as propostas de todos os ámbitos como o turismo, infraestruturas, cultura ou deporte fan referencia ao emprego porque sabemos que é o problema que máis preocupa aos lucenses, e o máis importante é que os mozos lucenses se queden na cidade traballando, ou senón, ¿por que pensa que rebaixamos ao 50% o prezo para instalarse nas Gándaras ou as licenzas? Porque será máis atractivo para as empresas.
Campaña Electoral
O candidato socialista tamén fixo un repaso polo que foi a campaña electoral e salientou que fronte aos que só se dedicaron a insultar deixando anónimos nas casas é porque non teñen outra idea para Lugo, porque non lle queren a Lugo e porque non están namorados de Lugo.
Dende o Partido Socialista de Lugo explicou que sempre se fixo unha campaña limpa con ideas e propostas, sobre todo para defender algo que é necesario neste momento, o sentir da xente. Nós somos xente e sentimos esa necesidade que é a creación de emprego.
López Orozco incidiu na necesidade de que os lucenses acudan ás urnas o domingo xa que
o feito é o aval que presento para gañar a confianza dos veciños e veciñas para o día 22 de maio. Un día no que ninguén se pode quedar na casa. E cando vaian votar teñen que votar pola candidatura do partido socialista que eu represento porque o que fixemos foi cambiar Lugo para mellor e queremos seguir facéndoo.
O socialista indicou que votar pola candidatura que represento é votar polo progreso de Lugo pola mellora constante da cidade. O día 22 hai que votar ao partido socialista, para no retroceder, para seguir avanzando.
Sagrado Corazón Como Modelo De Rehabilitación
López Orozco referiuse a súa aposta polos barrios como unha aposta decidida e necesaria para a cidade. Neste caso puxo como exemplo o barrio do Sagrado Corazón no que destacou que é o modelo que vamos a seguir noutros barrios de Lugo como o da Milagrosa, Montirón, Fingoi ou o Barrio Feijoo. A nosa idea é facer un área de rehabilitación integral, todo o Barrio do Sagrado Corazón está rehabilitado, non só o que son a urbanización,do solo e iluminación senón tamén vivendas con ascensor
Rematou dicindo que foi unha aposta do Concello e dos veciños, porque penamos neles e este é o modelo a seguir no conxunto dos barrios da cidade co que demostramos que non facemos promesas incertas senón que son realidade.