O Alcalde de Lugo continúa co programa de xuntanzas coa cidadanía tanto da contorna rural como da urbana

José López Orozco, acompañado de concelleiros do Grupo Municipal Socialista, membros da Executiva Local do PSdeG-PSOE de Lugo e candidatos da lista electoral para as próximas eleccións municipais mantivo esta noite un encontro coa veciñanza do rural na Escola de Poutomillos. O Alcalde escoitou as propostas coas que veciños e veciñas consideran que pode mellorarse o municipio.

Con esta nova xuntanza, continúa o programa “O PSOE en pé de rúa: Lugolízate e decide como queres que sexa o teu barrio, parroquia e concello”, co que os socialistas lucenses queren atender as demandas veciñais do rural e dos barrios da cidade para poder incluílas no programa electoral co que concorrerán aos comicios municipais do vindeiro 24 de maio.

A participación cidadá é unha das bases do Proxecto de municipio no que traballa o PSdeG-PSOE de Lugo para deseñar un modelo de concello que faga fronte aos desafíos actuais e futuros da cidadanía.

O seguinte encontro de López Orozco cos veciños e veciñas lucenses será no Centro de Convivencia de Fingoi o vindeiro 4 de marzo ás 20:00 horas.