A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e as Concelleiras de Benestar Social e Concello e Cidadanía, Ana Abelleira e Rosana Rielo, partiparon este xoves nunha concentración na Praza da Soidade
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e as Concelleiras de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, partiparon este xoves, xunto a unha vintena de persoas, nos actos organizados polas Xuventudes Socialistas de Lugo na Praza da Soidade para celebrar o 85º Aniversario da II República.
Durante a concentración, os socialistas fixeron unha ofrenda floral, en fronte á placa que conmemora Á República. Sempre na memoria, ao tempo que pediron un novo modelo de Estado.