A Xunta non dota ós lucenses de Radioterapia e Medicina Nuclear e frea proxectos vitais como o Plan Paradai e a rehabilitación do antigo Cuartel de San Fernando
Esta imaxe da Muralla de Lugo totalmente a escuras é unha situación na que se atopa dende hai anos, porque o desprezo do Goberno galego pola nosa cidade chega a tal punto, que se nega a iluminar o adarve do monumento Patrimonio da Humanidade, co que todos os lucenses nos sentimos identificados.
O castigo ó que a dereita de Feijóo ten sometidos ós lucenses agudízase máis aínda se cabe no Orzamento da Xunta para 2014, no que se reducen considerablemente as partidas para políticas activas de emprego e gasto social.
Feijóo mente cando asegura que o Orzamento da Xunta para 2014 está envorcado coa Galicia interior. O goberno autonómico mantén paralizados ou directamente elimina proxectos vitais para o progreso de Lugo no Orzamento da Xunta para 2014. Por primeira vez, quedan sen presupostar os proxectos do Museo da Romanización ou a rehabilitación do Cuartel de San Fernando. O orzamento para o Plan Paradai, que a Xunta leva dous anos paralizando, só se incrementa en 400.000 euros. No caso do Auditorio, o seu presuposto só aumenta en 700.000 euros.
A Xunta volta a deixar ós lucenses sen os servizos de Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear. Todo isto, malia as reiteradas reclamacións veciñais, cando xa se levan recollidas 27.000 firmas para presentar unha iniciativa parlamentaria coa que esixir a dotación destes servizos. Feijóo ignora ás demandas dos lucenses.
Por todo isto, porque Lugo non merece este trato da Xunta, manifestamos o noso rexeitamento ó presuposto autonómico para 2014; e esiximos á Xunta que incremente as partidas para as políticas activas de emprego e de gasto social, co fin de paliar a grave situación que están a vivir os lucenses.