O Voceiro Socialista explicou que Jaime Castiñeira opta por un modelo que obrigaría a subir considerablemente o recibo que pagan os lucenses
O Voceiro do Grupo Municipal Socialista, Luis Alvarez, instou a Castiñeira a saír a contarlle á opinión pública con claridade que a súa opción para xestionar o ciclo integral da auga na cidade de Lugo é entregar a explotación deste servizo público a unha empresa privada.
Luis Álvarez explicou que a opción da concesión, que foi a única á que non se opuxo Castiñeira, é precisamente a que máis prexudicarías o peto dos veciños. Isto débese a que esta fórmula obrigaría a facer unha importante suba no recibo porque ningunha empresa se interesaría pola explotación dun servizo deficitario.
O Voceiro Socialista destacou que Castiñeira opúxose no seu día á creación da empresa mixta con maioría de capital público e agora tamén ao modelo de xestión directa polo Concello de Lugo e sempre disfrazou a súa verdadeira opción argumentando a mesma falacia, que o recibo da auga ía experimentar unha suba brutal, cousa que nunca ocorreu.
Unha boa mostra de que Castiñeira continúa mentindo aos lucenses é que o recibo da auga non subiu nos últimos anos, porque o Concello está asumindo o déficit que presenta a xestión do abastecemento e depuración do ciclo integral da auga na cidade.