O Portavoz Socialista agarda tamén que este 2014 non veña cargado de novos recortes para os cidadáns
O Portavoz Socialista, Luis Álvarez, na primeira rolda de prensa do ano desexou un feliz 2014 para todos e todas, agardando que o Concello de Lugo siga sendo unha fonte de boas novas para todos os lucenses e que non nos amarguen o ano con máis recortes que repercutan na cidadanía, en referencia aos recortes levados a cabo polos gobernos de Rajoy e Feijóo.
Luis Álvarez, lembrou que hai varios meses que dixen que o PP tiñan un problema, a diferencia do Grupo Municipal Socialista que temos un capitán que se preocupa por nós, eles xa non é que teñan capitán que nunca o tiveron, senón que por riba o líder do grupo denomina publicamente a un compañeiro como verdugo sinalando que medo me da pensar que farán en privado.
Facer política cando se está na oposición é criticar lexitimamente e con datos reais o labor do Goberno, pero desde logo a dinámica permanente de descualificacións e insultos do PP cara ao Goberno Municipal parece que xa transcende ese ámbito e eso francamente non é bo nin para Lugo, nin para os lucenses segundo salientou Luis Álvarez.
Ante esta situación, o Portavoz Socialista invitou ao equipo dirixido por Jaime Castiñeira a que se centren e fagan oposición a través de críticas e non de contar mentira tras mentira como fan ultimamente que parece que en lugar de mellorar a súa situación empeora.