O Voceiro Socialista dixo que algunha das posturas que defendía Jaime Castiñeira podían corresponder a intereses de determinadas empresas

O Voceiro Socialista, Luis Álvarez, preguntouse esta mañá polas supostas reunións que mantivo Jaime Castiñeira con representantes de algunha das empresas que podían estar interesadas na contratación do ciclo da auga no Concello de Lugo.

Neste sentido, Luis Álvarez comentou que “parece ser que algunha das posturas que defendía o Voceiro do PP no Pleno do Concello de Lugo podían corresponder a intereses de determinadas empresas”.

Ademais o Voceiro Socialista lembrou a suposta vinculación de varios cargos do Partido Popular en Santiago con empresas de xestión da auga e que trasladaron o interese de Jaime Castiñeira en reunirse con diferentes empresas, segundo se desvela no sumario.