O Voceiro Socialista lembrou os proxectos eludidos polo PP como a estación intermodal ou o Museo da Romanización no cuartel de San Fernando
O Voceiro do Grupo Municipal Socialista, Luis Álvarez, destacou que non nos valen aos lucenses as promesas que fai o PP na precampaña electoral, xa que só hai que recordar as moitas promesas incumpridas, que eran compromisos escritos en convenios, como é o caso da estación intermodal, o proxecto do Museo da Romanización no antigo cuartel de San Fernando e moitos outros.
En referencia a Jaime Castiñeira, Luís Álvarez considera bastante pobre que soamente sexa capaz de arrancar o compromiso de que se el goberna haberá unha nova comisaría na antiga residencia, preguntándose se só vai a poñer iso en funcionamento nese edificio.
Para o Voceiro Socialista aos lucenses non nos valen as promesas feitas ante un rexistrador, como é o caso do señor Rajoy, nin tampouco nos valen as promesas feitas ante un taxador, como o señor Castiñeira, indicando que en último caso válennos as promesas feitas ante un notario, con toda a solemnidade e compromiso que iso supón.