Dende o pasado xoves estanse a realizar zanxas en todo o barrio antigo para realizar baipás en superficie, o que permite realizar a obra sen interromper o suministro ás vivendas afectadas pola renovación do abastecemento e do saneamento

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, asegurou este xoves, que a de Casás, é outra nova xenialidade do PP na supervisión de obras. Así mesmo, o edil lembrou que “se hai meses o Partido Popular prentendía asfaltar terreos privados en Noriega Varela, agora, con profundo descoñecmento do barrio de Casás, visita a rúa Orquídea, que é onde terminan as obras, olvidándose do inicio, que está no núcleo antigo do barrio de Casás”.

“Se o PP se preocupara minimamente por coñecer o proxecto de obras nesta zona, sabería que é precisamente no antigo núcleo de Casás onde se realizan os traballos de substitución da rede de saneamento e abastecemento, e polo cal é porque aquí por onde se debe iniciar”, afirmou Núñez, ao tempo que avanzou que unha vez repostas as canalizacións, procederase, como é lóxico, ao asfaltado de todas as vías obxecto do contrato, rematando na rúa Orquídea.

Dende o pasado xoves, 9 de febreiro, estanse a realizar zanxas en todo o barrio antigo para realizar baipás en superficie, o que permite realizar a obra sen interromper o suministro ás vivendas afectadas pola renovación do abastecemento e do saneamento. Canalizaranse tamén as augas de dúas fontes que proveñen de terreos de labor.