“Nótase moito que neste Concello facer este tipo de oposición é sinxelo, posto que por pedir se piden cousas xa feitas, como ocorre co inventario destes roteiros”, subliñou o voceiro municipal

O voceiro municipal, Miguel Fernández, confirmou este luns a desidia e as mentiras reiteradas do voceiro do grupo municipal Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, ante as súas declaracións sobre a rede de roteiros, pois a pesar de ter os técnicos á súa disposición e de contar con dedicación exclusiva non se entera de que o Concello ten xa un inventario de camiños coincidindo co Catastro no ano 2000, e que se incorporou a última actualización no 2008 con polígono e parcelas.

“Nótase moito que neste Concello facer este tipo de oposición é sinxelo, posto que por pedir se piden cousas xa feitas, como ocorre co inventario destes roteiros”, subliñou Fernández, quen reclamou responsabilidade a Lugonovo.

Nesta liña, Fernández recomendoulle a Rocha a poñerse a traballar polo ben do municipio e de deixar de empregar o oportunismo como arma conforme aos seus intereses políticos, poñendo sempre por riba o interese xeral á coxuntura política na que neste momento se atopa a súa formación.