“Espero que Ciudadanos teña propostas máis positivas para os veciños e veciñas de Lugo que tivo para os galegos, pois para eles a chegada do AVE non é prioritaria”, afirmou o voceiro municipal
“Agardamos que traballe máis por Lugo que o que fixo por Galicia”. Así se manifestou o voceiro municipal, Miguel Fernández, tras coñecer a substitución de Olga Louzao como voceira de Ciudadanos en Galicia tras 5 semanas no cargo. “Espero que Ciudadanos teña propostas máis positivas para os veciños e veciñas de Lugo que tivo para os galegos, pois para eles a chegada do AVE non é prioritaria”.
Neste senso, Fernández lembrou que esta formación política “carece dun proxecto tanto a nivel nacional como galego, pois como demostraron na pasada campaña electoral non tiñan propostas específicas para Galicia, sendo as súas iniciativas estrela as relacionadas coas orquestas e a publicidade; e local, no que o único que saben facer e despreciar as iniciativas que dinamizan a cidade”.
“Louzao pasará á historia por ser a voceira dun partido político máis breve”, finalizou Fernández.