Luis Álvarez explicou que todo segue en boa sintonía e con ánimos para chegar a un acordo firme.
O segundo día de negociacións entre o PSdG-PSOE e o BNG volveu reunir ao equipo de traballo do socialista José López Orozco que estivo acompañado polos concelleiros Sonia Méndez, Luis Álvarez e Lino González Dopeso.
O socialista, Luis Álvarez, declarou que as negociacións continúan na mesma liña de entendemento que as que se levaron onte, levamos reunidos dende as 09:30 horas da mañá e segue sen haber ningún punto importante de disconformidade entre ambas partes. Da mesma maneira, salientou que o que queremos é buscar a solución a todos os problemas importantes de Lugo e a iso estamos dedicando os esforzos.
Nesta segunda xuntanza seguiuse traballando nas liñas programáticas coa intención de crear un documento final que se fará público e apoiado por ambos partidos e acordamos as liñas fundamentais de actuación para estes próximos catro anos.
Luis Álvarez explicou que confiamos en que non vai haber ningún problema de entendemento xa que o noso interese está en continuar co traballo, que é para o que nos elixiron os cidadáns. Tamén fixo referencia á creación dun programa claro, transparente e que teña como única finalidade resolver os problemas dos lucenses.
As reunións de negociación aprazaranse ata o próximo luns 20 de xuño debido a imposibilidade de compatibilizar axendas.