-A deputada do Grupo Parlamentario Concepción Burgo criticou que a Xerente do Sergas non contestou a ningunha das preguntas formuladas no Parlamento sobre o edificio do antigo Materno Infantil en Lugo., e cualificou a súa actitude como de“caradura”

-Pediulle ao PP que dea a cara antes os lucenses “porque os veciños reclaman a verdade”

-Advirte que nos orzamentos da Xunta do ano 2012 da Consellería de Sanidade “non hai nada programado nin orzamentado para este asunto”

A deputada do Grupo Parlamentario Concepción Burgo interveu hoxe na Comisión 5º do Parlamento para reclamar explicacións ao Goberno de Feijoo sobre o seu compromiso de instalar un PAC, un Laboratorio de Saúde Publica e un Centro de Saúde no edificio do antigo Materno Infantil en Lugo. A deputada criticou que a Xerente do Sergas non contestou a ningunha das preguntas formuladas nesta Comisión, e cualificou a súa actitude como de “caradura”, dixo que o Goberno de Feijoo “riuse e mentiu aos veciños do Barrio da Residencia”.

Pediulle ao PP que dea a cara antes os lucenses “porque os veciños reclaman a verdade”.

Burgo explicou que no Barrio da Residencia vive un 8% da poboación da capital de Lugo donde se ubica este centro hospitalario. Advirte que esta zona empezou a decrecer dende o peche do hospital, e agora “estanse pechando moitos negocios da zona”.

A parlamentaria socialista afirma que Lugo precisa dunha serie de infraestructuras sanitarias “que xa foron comprometidas polo Presidente Feijoo e tamén pola Conselleira de Sanidade”. Lembra que estas peticións tamén están apoiadas pola Plataforma veciñal do Barrio da Milagrosa, pola Federación Provincial de Veciños ou pola Plataforma en Defensa da Sanidade Publica, ademais de partidos políticos da cidade das murallas e sindicatos sanitarios.

Así as cousas a deputada lucense denuncia que dende fai mais dun ano destas promesas “a Xunta non esta facendo nada neste antigo Hospital”, e sinala que os propios veciños do Barrio maniféstanse tódolos xoves para reclamar estas infraestructuras. Ademais lembra que pediron unha entrevista con Feijoo, pero lamenta que os veciños non foron recibidos.

Desculpas da Xunta

Dixo que o único que busca a Xunta “son desculpas” para non realizar esta obra.
Sobre a propiedade do edificio do antigo Materno Infantil, replica que esta claro que é propiedade do INSS, pero o seu uso é da Xunta e pode utilízalo para fins sanitarios.

Burgo advirte que nos orzamentos da Xunta do ano 2012 da Consellería de Sanidade “non hai nada programado nin orzamentado para este asunto”.

A deputada subliña que o edifico do Materno Infantil pode albergar estas infraestructuras porque esta en bo estado, en alusión a un Informe que “ninguén coñece”, e que esgrime constantemente a Xunta.

Lucus Augusti centro de referencia

Por ultimo Lémbralle á Feijoo que para que o Hospital Lucus Augusti sexa un centro sanitario de referencia ten que ter servicios como hemodinámica, medicina nuclear e radioterapia, e acúsao de ser unha “promesa incumprida de Feijoo cos lucenses”, xa que este centro non conta con estas prestacións.