López Orozco seguirá de Alcalde en defensa da democracia e comparecerá no Xulgado número 1 coa tranquilidade e a forza interior que dá ser inocente
Luis Álvarez pasa a ser primeiro Tenente de Alcalde, Carmen Basadre faise cargo de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua e Manuel Chaín de Infraestruturas e Zona Rural
O Alcalde anuncia que o novo Goberno manterá os obxectivos fixados no Pacto asinado co BNG
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou hoxe a composición do novo Goberno local, unha remodelación que se produce trala renuncia dos dous Concelleiros do Bloque Nacionalista Galego, que foi formalizada esta mañá.
O Alcalde anunciou, nunha comparecencia ante os medios de comunicación, a remodelación do Goberno municipal que se fará oficial mediante un Decreto da Alcaldía.
O novo Goberno será o seguinte:
1º Tenente de Alcalde, Concelleiro delegado de Urbanismo e Voceiro: Luis Álvarez
2º Tenente de Alcalde, Concelleira delegada de Economía, Emprendemento e Autónomos: Sonia Méndez
3º Tenente de Alcalde, Concelleira delegada de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua: Carmen Basadre
4º Tenente de Alcalde, Concelleiro delegado de Servizos Xerais e Modernización Administrativa: Francisco Fraga
5º Tenente de Alcalde e Concelleiro delegado de Medio Ambiente e Axenda 21e Secretario da Xunta de Goberno Local: Lino González Dopeso
6º Tenente de Alcalde e Concelleiro delegado de Infraestruras e Zona Rural: Manuel Chaín
7º Tenente de Alcalde e Concelleiro delegado de Deportes: José Manuel Díaz Grandío
8º Tenente de Alcalde e Concelleira delegada de Benestar Social e Igualdade: Ana González
Concelleira delegada de Educación e Orientación Laboral: Esther Muñoz.
O Alcalde explicou que sinte a marcha do Goberno municipal do BNG, tanto por motivos políticos, xa que é bó gobernar con maioría absoluta, como desde o punto de vista persoal, porque a convivencia e as relacións humanas que se estableceronn axudaron a levar a cabo a acción de Goberno, pero tamén deixou claro que a vida continúa e o Concello de Lugo continúa, e debemos a seguir a traballar para o ben da cidadanía, que é o que perseguimos. Nese sentido indicou que ó novo Goberno agárdalle moito traballo e un esforzo maior, que desenvolverá coa colaboración dos funcionarios do Concello.
Ó novo Goberno, dixo López Orozco, esixirásenos un maior esforzo político porque necesitamos os votos para aprobar os asuntos, pero estará nas nosas mans lograr consensos en beneficio da cidade.
Tamén explicou o Alcalde que hai un pacto de Goberno que nós asinamos porque cremos nel e procuraremos mantelo, dado que eramos moi conscentes do que asinabamos cando o fixemos.
López Orozco reiterou que non considerou a posibilidade de abandonar a Alcaldía de Lugo polo feito de estar citado a declarar como imputado pola Xuiza de instrucción número 1, porque na miña traxectoria non entra o abandono e penso que lle faría un flaco favor á democracia se o fixera.
O Alcalde deixou claro que, nun Estado de Dereito, non valen os xuizos de banquillo nin os xuizos nos medios de comunicación, eu aprecio o traballo que fan os xornalistas, que teñen as súas fontes, por máis que neste caso está decretado o segredo do sumario, pero tamén destacou que os xornalistas non son xuices e as decisións non se toman a partir de meras especulacións.
Ademais, López Orozco remarcou que flaco favor lle tería feito á democracia se tomase a decisión de dimitir coa forza interior que teño, porque nada fixen, e eu téñolle moito respecto tanto ós cidadáns que me votaron como ós que non o fixeron. Neste sentido, anunciou que voume presentar con enteira tranquilidade ante a señora Xuiza, para que investigue e clarifique non só o caso senón tamén a miña persoa e non teño ningún temor