O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu ao Acto Público que a Vicesecretaria Xeral e número un da candidatura do PSOE ao Parlamento Europeo, Elena Valenciano, celebrou en Madrid cos alcaldes e alcaldesas socialistas.

O PSOE considera que só se pode construír unha grande Europa social construíndo unha grande Europa do local, e para elo hai que poñer as persoas no centro das políticas, das propostas. Por iso, os socialistas están a facer unha campaña reivindicando un cambio para a vida das persoas e explicando a importancia de que a socialdemocracia se meta no centro da toma de decisións en Bruxelas para cambiar a Unión Europea en favor das persoas.