Expertos en Economía de España destacaron en Lugo que o sistema fiscal e tributario do Goberno Central non resposta ás necesidades económicas do país

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Voceiro do Grupo Municipal Socialista, Luis Álvarez, asistiron esta tarde á xornada de debate “Unha fiscalidade dende a esquerda” que foi organizada pola Fundación Jacinto Calvo. Nesta xornada interviron o Senador e Voceiro da Comisión de Orzamentos, Felipe López García, o Vicepresidente de Economistas Fronte a Crise, Juan Ignacio Bartolomé, e o xornalista económico, Julian Rodríguez Moscoso.

Os ponentes destacaron no marco desta mesa redonda que o actual sistema fiscal e tributario non resposta ás necesidades da economía española pois, comparativamente co resto da Unión Europea, España está oito punto por debaixo da media. Así o subliñou o senador socialista, quen lembrou que, os últimos datos publicados pola Oficina Estatística Comunitaria (EUROSTAT), amosan que, en 2012, España tiña ese ano unha carga fiscal equivalente ao 32,5% do seu PIB, preto de sete puntos por debaixo da media da zona euros (39,4%) e 8 respecto á do conxunto da UE.