López Orozco insta aos socialistas que volvan a conectar coa xente para recuperar o apoio perdido polo PP na súa debacle
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, fixo unha valoración dos resultados das Eleccións ao Parlamento Europeo. Neste sentido recoñeceu que a pesar de que o Partido Popular sufriu unha debacle electoral, xa que fai 25 anos que non teñen un resultado tan malo, pero nós non soubemos recoller ese voto de descontento do PP, polo que os resultados dos socialistas non foron os agardados.
O PSOE ten que reflexionar e analizar as causas deste resultado, ademais de traballar con intensidade para acadar o apoio da maioría da cidadanía, segundo explicou o Alcalde.
Con respecto ao conxunto do PSOE no Estado e en Galicia os socialistas de Lugo acadaron unha porcentaxe algo superior, xa que xunto con Ourense, son os mellores resultados de todas as grandes cidades galegas. Pero aínda así, López Orozco dixo que segue habendo uns puntos de diferenza con respecto ao principal partido da oposición.
O Alcalde de Lugo considera que hai que pensar na nosa explicación de como vemos nos a realidade e como hai que solucionar os problemas tan graves que ten a xente nestes momentos.