José López Orozco estivo acompañado por concelleiros do Grupo Municipal Socialista e membros da Executiva Local do PSdeG-PSOE de Lugo na xuntanza celebrada no Centro de Convivencia María Balteira
O Alcalde, José López Orozco, acompañado por concelleiros do Grupo Municipal Socialista e membros da Executiva Local do PSdeG-PSOE de Lugo, mantivo un encontro cos veciños e veciñas do barrio da Piringalla no Centro de Convivencia María Balteira co obxectivo de escoitar as súas propostas para seguir mellorando o municipio.
Con este encontro López Orozco dá comezo á campaña O PSOE de Lugo en pé de rúa, que consiste na posta en marcha das reunións con veciños e veciñas dos barrios da cidade e da parroquias da zona rural para coñecer as súas propostas e incluílas no programa electoral das municipais do 24 de maio.
Esta campaña enmárcase no Proxecto de municipio, co fin de dar unha resposta axeitada e eficaz á sociedade lucense, deseñando unha estratexia de futuro que permita facer fronte aos desafíos actuais e consolidar un modelo de cidade integral, a través da participación cidadá.
O próximo encontro, será o luns, día 26 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Centro de Dinamización Social de San Xoán do Campo. Con estas reunións preténdese dar cobertura tanto ao medio urbano como ao rural porque o PSdeG-PSOE de Lugo é consciente de que esta é a realidade do noso municipio.