López Orozco apunta que a cidade recibe a todo o mundo, pero a cidadanía non é parva e reclama os seus dereitos

O Alcalde, José López Orozco, ante o inaudito desembarco de conselleiros da Xunta en Lugo durante a precampaña, declarou que “a nosa cidade ten as portas abertas para todos, agás para a Conselleira de Sanidade”, que só pode vir se trae os servizos sanitarios básicos prometidos reiteradamente por Feijóo, para que o HULA conte con Hemodinámica 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear.

Para López Orozco “fronte a ese dereito de vir a Lugo, hai a visión obxectiva dos cidadáns, que se preguntan por que non temos aínda Hemodinámica as 24 horas, o Museo da Romanización no cuartel de San Fernando, un uso para o edificio da antiga Residencia, a Estación Intermodal, ou a chegada do tren de alta velocidade”.

O Alcalde de Lugo ten plena confianza na intelixencia da cidadanía e considera que aos representantes do PP vailles pasar como en Andalucía, onde Rajoy puxo os seus pés moitos días e non lles serviu de nada porque a xente non é parva.